Xoves. 04.06.2020
El tiempo

Os escolares quedan por primeira vez en 29 anos, sen os concursos culturais da Biblioteca de Cee

Imaxe do libro realizado polo 25 aniversario dos Concursos
Imaxe do libro realizado polo 25 aniversario dos Concursos
Os escolares quedan por primeira vez en 29 anos, sen os concursos culturais da Biblioteca de Cee

O peche dos centros escolares tamén provoca cancelacións históricas. Con pesar así o anuncia José Ramón Rey Senra, Ténico da Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán”, que tivo que cancelar os concursos de achegamento cultural no ensino por primeira vez nos seus 29 anos de existencia.

Deste xeito, os “XXIX Concurso de Achegamento ó Libro” e “Na Procura do Noso XVI Marcapáxinas” quedan para o curso que vén.

A realidade é que o 99% dos traballos presentados en todos estes anos (van 7.402 traballos presentados nos 28 anos de vida dos certames dende 1992), entregáronos os profesores/as dos distintos centros de ensino da bisbarra en sobre pechado no Rexistro Xeral do Concello. De aí a decisión.

Non obstante, os/as alumnos/as de Educación Primaria que desexen entregar marcapáxinas e relatos de Achegamento ó Libro poderán facelo fora de concurso, unha vez que volva a abrir ao público o centro de lectura. Os orixinais quedarán en poder da Biblioteca, a cal se reserva os dereitos de explotación do traballo, produción, distribución, exposición, transformación ou calquera outro tratamento posterior, sempre sen ánimo de lucro.

Novas relacionadas

comentarios