Mércores. 30.11.2022
El tiempo

Esixen que non se despidan os Técnicos de Enfermería do HVdX

A Coruña
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visita o hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Punto de encontro na entrada do hospital
10/02/2022
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
Imaxe dunha visita do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee
Esixen que non se despidan os Técnicos de Enfermería do HVdX

Contabamos a semana pasada que a chegada, por sentenza xudicial, de celadores ao HVdX está a provocar o despido de 4 Técnicos de Coidados de Enfermería. Despois da denuncia do Sindicato de Técnicos de Enfermería (SAE), colle o relevo o PSOE que esixe á Xunta que non despida a eses profesionais sanitarios.

“O cumprimento da sentenza que obriga ao Sergas a contratar celadores non pode supor prescindir doutros profesionais sanitarios como os técnicos en coidados de enfermería”, afirma a deputada Begona Rodríguez, que levará o asunto ao Parlamento
“Non podemos permitir novos recortes na sanidade pública galega, falamos dun servizo básico e esencial para os nosos veciños e veciñas”, engade o PSdeG.

Os socialistas lembran que o PP recortou 976 profesionais da sanidade pública galega, a maior parte deles en hospitais comarcais e centros de saude fora das áreas urbanas, o que supón un deterioro importante donsistema público de saude que está a perxudicar a veciñanza de comarcas como a Costa da Morte.

Novas relacionadas

comentarios