Denuncian que a chegada, por sentenza xudicial, de celadores ao HVdX provoque o despido de 4 TCE
Non foi sen tempo. 25 anos, recén cumplidos, sendo o o único Hospital do SERGAS que non tiña celadores. Ata este outono deste 2022, cando o Servizo Galega de Saúde vai facer efectiva a sentenza do Tribunal Supremo que o obriga a incluír esta categoría no hospital público. Todo gracias a un longo proceso xudicial sustentado polo compromiso do sindicato Sindicato de Técnicos de Enfermería (SAE).
Un sindicato que, porén, lamenta que a incorporación dos celadores provoque o despido de 4 contratos de Técnicos en Coidados de Enfermería. “A dirección do centro terxiversa o obxectivo principal do medio centenar de traballadores que denunciaron ao Sergas pola falta de celadores e que supuña que as funcións de estes reacaían no resto de categorías profesionais. É inadmisible que apoien a incorporación de 6 celadores se leve a cabo prescindindo de 4 contratos poa acumulaciónd e tarefas do TCE, cando todos os efectivos deste plantel son necesarios para o centro”, manifesta Paula Armada, responsable provincial do SAE.
Así, os profesionais reivindican “o número suficiente de celadores para realizar todas as súas funcións pero non podemos apoiar a que a súa incorporación sexa a cambio de TCE".
Novas relacionadas
- Abril 22: O Tribunal Supremo obriga, por fin, ao Sergas a poñer a categoría de celador no Hospital de Cee.
- Marzo 2020: O TSXG permite que o HVdX siga sendo o único de Galicia sen celadores.
- Xullo 2019: Os celadores en loita: “Coida a quen te coida”.
- Maio 19: “Somos o único Hospital do SERGAS que non ten celadores”.
Máis novas sobre o HVdX
- Outubro 22: Lembran a necesidade de estabilizar os servizos de psiquiatría e dermatoloxía no HVdX no seu 25 aniversaio.
- Outubro 22: Recollen sinaturas en Camariñas para a ILP SOS Sanidade Pública noutro momento crítico.
- Agosto 22: Denuncian unha solución urxente para a falta de persoal no Hospital de Cee.
- Xuño 22: O SAE denuncia ante Inspección a irregularidade no servizo de farmacia do HVdX.
- Abril 22: O BNG de Cee leva a falta de psiquiatra no Hospital Virxe da Xunqueira á Valedora do Pobo.