Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Esixen unha solución ao estado actual do PAC de Cee

Entrada de Urxencias e do PAC do Hospital de Cee
Esixen unha solución ao estado actual do PAC de Cee

A situación no PAC de Cee é caótica. Os seus profesionais denuncian a falta de espazo para a atención de paciente, entre outras moitas eivas, e piden, a través do sindicato CIG-Saúde, que a Xerencia da Área Sanitaria da Coruña-Cee tome unha solución inmediata.

Na pandemia fíxose necesaria a distribución dun dobre circuíto de entrada nas urxencias hospitalarias no HVdX. Unha circunstancia que inflúe directamente ao espazo que ocupa o PAC de Cee, xusto na entrada de Urxencias, obrigando a atender á cidadanía en espazos non axeitados, mesmo con mala accesiblidade.

A díad e hoxe os profesionais non saben aínda se se vai facer a ampliación da zona de Urxencias, como era en principio a intención, ou se se vai trasladar o PAC ao Centro de Saúde de Cee (onde a día de hoxe coincide que están realizando unhas obras de arranxo da fachada e do pavimento que nada teñen que ver co posible traslado).

Por todo isto, os traballadores esixen á Xerencia que confirme a cal é a nova localización do PAC e que comunique a data de inicio das obras, xa que a situación actual non admite demora.

Comentarios