Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Ex alumnos de Bachaleralo de Cee reúnense moitos anos despois

Ex alumnos de Bachaleralo de Cee reúnense moitos anos despois

Aí os vemos nunha das últimas reunións que realizaron. Eran o mes de agosto de 1988 e como vedes, xa choveu. Pero este verán todos estes ex compañeiros terán a oportunidade de volverse atopar. I é que un pequeno grupo de amigos e ex-compañeiros das primeiras promocións do Instituto Laboral Fernando Branco de Cee tomaron a iniciativa de realizar un encontro acompañado dunha comida.
Un xantar aberto a todos aqueles ex-alumnos comprendidos entre os cursos de 1954-55, primeira promoción, a 1970-71, última promoción do Bacharel Laboral.

Finalmente, o día sinalado será o 30 de xuño, nunha xornada completa. I é que comezará cunha concentración ás 10:30h nos xardíns do Instituto Fernando Branco de Cee para facer unha foto de familia como esta. De contado, ás 11:00h, toca misa cantada polo Coro do Centro Social de Cee na Capela do Centro en memoria dos profesores e alumnos falecidos. A partir das 12:15 haberá visita ao interior das dependencias do centro, que seguro que está moi cambiado.
Contra a 13:00h terán unha ocasión de descubrir os Tesouros do Museo Fernando Branco cunha charla, para proceder ao xantar de confraternidade a partir das 14:30h.

Será "un encontro emocionante, recordando anécdotas e vivencias daquela época, logo de tantos anos transcorridos", explícanos Modesto García, un dos promotores da reunión.

Inscricións

Os interesados en participar neste evento, xunto coas súas esposas, se o desexan, e afrontar os gastos previstos para a comida, que serán de 40€, deberán ingresalos antes do 15 de xuño en:

  • Conta de Novagaliciabanco.
  • Titular: Ex alumnos Bacharelato Laboral.
  • Nº de conta: 2080 0022 06 3040021361.

Novas relacionadas

Comentarios