Martes. 11.08.2020
El tiempo

A excelencia do IES Fernando Blanco no curso 2019-2020

A excelencia do IES Fernando Blanco no curso 2019-2020

Coma todos os anos, o IES Fernando Blanco, xunto coa Fundación, preparan os Premios Académicos, que están destinados a agasallar aos mellores expedientes académicos de distintos cursos impartidos no centenario instituto ceense.

Na novena edición dos Premios, os agraciados foron Laura Cernadas Gómez (3º ESO), Ari Moure Martínez (1º Bacharelato), Darío Domínguez de la Fuente (1º C. B. Electricidade), Nerea Santamaría Fariña (1º Ciclo medio Xestión Administrativa) e Carlos López Fernández de Castillejo (1º Ciclo superior - Administración e Finanzas).

Para poder optar aos premios, era requisito indispensable ter todas as materias aprobadas en xuño cunha nota mínima de 8,5 e matricularese no curso seguinte no IES. Mais, cómpre destacar que todas as notas dos premiados desta edición oscilaron entre o 9,75 e o 10.

Cada un dos Premios está valorado en 500 € (220€ en metálico en 280€ en vales de compra doados por establecementos colaboradores).

A cerimonia de entrega dos Premios aínda está por concretar, pero celebrarase no mes de outubro no salón de actos de IES Fernando Blanco.

comentarios