Martes. 10.12.2019
El tiempo

Ferroglobe anuncia unha ilegal venda das centrais e ameaza aos traballadores co peche das fábricas

Ferroglobe anuncia unha ilegal venda das centrais e ameaza aos traballadores co peche das fábricas
Fabrica de Brens-Foto-Eloy Cambeiro copia Imaxe da Fábrica de Brens-Foto-Eloy Cambeiro

Sen novas da Xunta, o Comité de Empresa de Ferroatlántica de Cee e Dumbría veñen de recibir unhas novas moi negativas por parte da dirección. A multinacional integrada no xigante Ferroglobe, ten un acordo de venda de todas as centrais hidroeléctricas de España. Un acordo que, en todo caso, está pendente da aprobación da Xunta.

”É o esperado”, recoñece un dos voceiros do Comité de Empresa, Alfonso Mouzo, “pero hai que ter en conta que están presentando un acordo mercantil que é ilegal. Parece que nos están tomando o pelo a nós e a Xunta, porque chegan a acordos sen contar nin con uns nin cos outros”. Nese sentido é claro, e deixa patente que “non hai acordo ningún, nin sequera negociacións, cos comités, asó que non enganen a Xunta con esas filtracións á prensa dicindo que estamos dacordo ca venda.”

De feito, para o Comité “a venda é innegociable, e ademais deberían preguntarlle á comarca”, e lamentan as ameazas da dirección co peche inmediato das fábricas costeiras, se non aproban en asemblea a segregación dos activos. Directamente, o novo Director das fábricas costeiras, a xefa de recursos humanos e o xefe de fabricación participaron nunha xuntanza o pasado venres en Madrid. Alí recibiron a nova do máis que posible peche das nosas fábricas nun futuro a medio prazo. Así, a proposta de Madrid é que intenten convencer aos traballadores de que aproben en asemblea a venda ante a complicada situación financieira da empresa, algo que parece imposible.

Ferroglobe alude ás leis europeas que lle impiden ser autoabastecedoras, e que polo tanto deben vender os activos hidráulicos. A realidade é que a venda (posiblemente á canadense Brookfield por uns 152 millóns de euros) destes activos débese á alta débeda que ten contraida a multinacional de Villar Mir. Para o Comité, “é un regalo, pois eses 152 millóns non dá nin para un plan industrial para as nosas fábricas”.

Movementos políticos, e folga

Mentres, o Comité segue esperando a reunión co Conselleiro. Ademais, En Marea ten presentado unha pregunta no Parlamento para saber que facía Brookfield na Xunta, porque segundo trascendeu, a canadiense estivo nas dependencias do goberno galego mantendo diferentes reunións.

Ao mesmo tempo, o BNG pedirá o apoio a todos os grupos nunha declaración institucional do Parlamento en contra das vendas. Noa Presas, a parlamentaria do BNG, sinlaou: “Pregúntome se o señor Feijóo está preparando unha porta xiratoria con Villar Mir” para cando deixe de ser presidente da Xunta.

De igual xeito, xa dabamos conta este luns das dúas mocións presentada polo PSDG preguntando pola veracidade das negociacións da venda e esixindo unha posición pública en firme por parte da Xunta.

”Parece que nos toca apretar un pouco máis o cinto, e non nos queda moito máis que convocar unha folga. Aínda non o decidimos, pero teremos que dar o paso”, recoñece Mouzo.

 

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios