Xoves. 28.05.2020
El tiempo

Fisterra e Cee presumen de Letras

Fisterra e Cee presumen de Letras
letras-galegas-2017 letras-galegas-2017 Os concellos de Cee e de Fisterra veñen de dar a coñecer os seus completos programas de actividades con motivo do día das Letras Galegas que este ano homenexea a Carlos Casares. Cee Na vila ceense, os actos comezan o vindeiro luns coa charla "A maxia de Carlos Casares" impartida por Martín Camiña a partir das 11 horas no auditorio da Casa da Cultura. Ao día seguinte, o 16 de maio, terá lugar ás 18 horas na sala de conferencias a entrega de premios do XXVI concurso de Achegamento ó Libro. Xa o mércores, 17 de maio, o auditorio da casa da Cultura acolle a partir das 11:30 horas acolle o acto do descubrimento da placa co nome de Baldomero Cores. No acto participarán súa viúva - Aurora Lamas -, o xornalista Luis Pousa e o alcalde de Cee - Ramón Vigo -. A continuación haberá un concerto a cargo de Fernando Carga e Óscar Ibáñez. As actividades rematan o xoves, día 18, coa obra "Camiñando entre as estrelas" do teatro dos Ghazafelhos que terá lugar no auditorio da casa da Cultura ás 11 horas. Ademais, do 6 ao 26 de maio, a biblioteca municipal acolle unha mostra sobre a obra e vida de Carlos Casares. Fisterra En Fisterra tamén teñen programadas varios actos con motivo das Letras Galegas. Así, ata o 22 de maio a Lonxa de Fisterra acolle a exposición X premio da banda deseñada Castelao "A Carreta do Diaño" de Fernando Llorente. A exposición pode verse de luns a venres de 16:30 a 19 horas. Pola súa banda, a aula Cemit acolle do 15 ao 31 de maio unha mostra sobre a vida e obra de Carlos Casares. Xa o mércores, día 17, terá lugar ás 12 horas no salón de actos do concello o espectáculo de contos "Cocorocó" de Raquel Queizás baseado na obra A Galiña Azul de Carlos Casares. O domingo seguinte, día 21, a Tropa de Trapo interpretará a partir das 19 horas "O Ritmo no Camiño". Esta actividade desenvolverase no salón de actos do concello.  

Novas relacionadas

Fonte

comentarios