O Refuxio de animais de Cee: “O Concello lávase as mans”

Segue sendo o asunto da recollida de animais abandonados ou o control das colonias caninas, un problema para os concellos. Orfos ante a desatención das administracións superiores, os Concellos afrontan cos seus precarios fondos unha problemática moi seria.
Con todo, hai concellos e concellos. Son moitos os que teñen o asunto resolto con empresas como XEA, que teñen moi claro que é máis barato facer que baixe o abandono que seguir alongando a situación sen facer campañas de prevención.
Pero aínda os hai que alongan a agonía e non toman medidas axeitadas. Xa en 2019 denunciaban o incumprimento do goberno de Cee da Lei de Protección Animal, presentando máis de 800 sinaturas. 6 anos máis tarde, a situación segue sen resolverse na vila da Xunqueira, comocritica o Refuxio de animais de Cee
Así o sinala Dana Rodriguez, fundadora da protectora ceense, que critica que “o Concello se lava as mans, non ten ningún tipo de xesión sobre o benestar, mantemento e castraciónd o colonias de gatos”, criticando con dureza o desleixo da rexedora Margarita Lamela. “Cada vez que aparece un gato atropelado ou enfermo a xente recorre a in, posto que as palabras que lles din dende o concello son “non temos cartos para isto”” critica. “Dúas persoas temos que asumir todos os gastos vinculados cos animais no concello. Levamos anos esperando unha acción e non temos nin sequera unha resposta”, conta.
Esta semana o Refuxio recibiu un gato moribundo que tivo que levar a unha das clínicas veterinarias da vila, facéndose cargo dos gastos.
“Loitemos por que o concello de Cee cumpra a lei e habilítese un lugar para a recollida e mantemento dos animais abandonados”, rezan as redes sociais da protectora.

Máis novas