Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Mikaela, a gran festa da mocidade de Bergantiños

Malpica refréndase como centro entroideiro co Faustino e os Madamitos e Ghuadineros

A Mikaela, a gran festa da mocidade de Bergantiños

Se cando falas da Festa das Festas polo sur da comarca, non hai dúbida de que hai que falar da Barca, polo norte, a mocidade de todo Bergantiños ten unha cita moi clara. A Mikaela de Buño é a gran parada da xuventide bergantiñá. Un dos grandes enterros da comarca, que remonta a súa tradición a comezos de século pasado, e que se leva facendo dende os anos 70 case ininterrumpidamente.

Este pasado sábado de piñata foron unhas 5.000 as persoas que pasaron pola vila Oleira dende a sesión vermú ata o tardío peche. Todo comezaba para a sesión vermú, co bus xa animando as rúas con música techno e cunha pequena verbena.

Toca o famoso Via Crucis de bares. Alá saen a Mikaela, e a Mikaeliña, un par de mozas de exhuberantes curvas, de bar en bar acompañados por unha comitiva singular. Porque non hai grupo sen disfrazar nesta festa e iso é algo moi de valorar dunha festa entroideira.

Nos últimos anos houbo relevo para oficiar a misa. Despois de moitos anos do cura laico de Buño, o panadeiro, o seu fillo, Iago Añón foi o encargado de darlle o último adeus antes da queima. Unha queima que serve para continuar a festa rachada.

O de Malpica, un dos entroidos máis singulares

Enterro do Faustino noDomingo de Pinata de Malpica

A potencia do entroido malpicán se completa con outras dúas citas ben singulares. O Enterro do Faustino fai as delicias dos veciños de Malpica durante o domingo de Piñata. Outro enterro tan singular como divertido.

Mentres, por Cerqueda tiran de tradición e levan xa moitos anos recuperando aos Madamitos e Ghuadineros, outros persoeiros moi simbólicos do entroido bergantiñán. Unha cita en clave de gaita e baile rexional que serve ademais para pasar a tradición de xeración en xeración.

Madamitos e Ghuadineros de Malpica-Foto-Mercedes Vazquez
Foto dos Madamitos de Ghuadineros de Mercedes Vázquez

Hai relevo nos Madamitos e Ghuadineros de CerquedaRaiganas de Cerqueda recuperando os Madamitos e Ghuadineros
Fotos da Raigañas

Galería da Mikaela

Da man da Asociación Amijos da Mikaela, deixamos esta fermosa galería:

Mikaela de Buno 2019 0Mikaela de Buno 2019 2Mikaela de Buno 2019 5Mikaela de Buno 2019 7

Mikaela de Buno 2019 8Mikaela de Buno 2019 11Mikaela de Buno 2019 12Mikaela de Buno 2019 queima 1

Novas relacionadas

Comentarios