Domingo. 17.11.2019
El tiempo

Un flashmob polas Letras Galegas

A Escola de Música de Cee gravando un flashmob-Foto-Rafa Quintáns
A Escola de Música de Cee gravando un flashmob-Foto-Rafa Quintáns
Un flashmob polas Letras Galegas

Este venres 17 de maio, no marco do programa das Letras, ás 12:30 h, a Banda de Música de Cee fará un concerto no auditorio da Casa de Cultura. E para publicitalo, que mellor que saír un domingo de feira á rúa e gravar un flashmob.

Así o decidiron a rapazada e o seu director, Fernando Fraga, que empregaron unha divertida versión da Rianxeira para a interpretación, ante a mirada de centos de veciños e visitantes que disfrutaban da estampa, ficando realmente sorprendidos de como ían aparecendo os artistas.

Toda a banda, máis de 30 rapaces, implicáronse a fondo na gravación. “Estivo moi ben a experiencia”, valora Fraga. Agora queda publicalo e disfruar do Concerto do venres. Para os máis impacientes, Rafa Quintáns xa ten publicado un vídeo nas redes sociais.

A Escola de Musica de Cee gravando un flashmob-Foto-Rafa QUintans
Estampa da gravaci´on-Foto-Rafa Quintáns

Novas relacionadas

Comentarios