Fundación e IES recuperaron a tradición histórica de Fernando Blanco de premiar os mellores expedientes
Son sempre emotivas as entregas dos VI Premios Académicos “Fernando Blanco”. E a deste pasado venres non ía ser menos, cos premios aos mellores experientes do curso 2016-2017, organizados conxuntamente pola Fundación Fernando Blanco de Lema (patrocinada por FerroAtlántica e polo Concello de Cee) e o IES Fernando Blanco de Cee, e que contan coa colaboración da Deputación da Coruña e de varias firmas comerciais (Estación de Servizo Bazarra, Abanca, Grupo Santitel, Centro Comercial Finisterrae, Roberto G. Rigaut S.L., Compucee, Fersi Papelería, Ler Librerías, Aurora Sport, Cabo Sport, Seguros Costa da Morte e Parques e Xardíns Manuel García).
Un xeito de recoñecer o esforzo, traballo, dedicación e aptitudes dos alumnos e alumnas, así como, ao mesmo tempo, recuperar una tradición histórica da Fundación Fernando Blanco, posto que no Capítulo XV do Regulamento do Colexio-Instituto, publicado en 1886, establecíase que en cada materia impartida no centro, outorgaríase un premio extraordinario, un premio ordinario e unha mención honorífica por cada 20 alumnos/as. Ademáis, sinalábase nese mesmo Capítulo, que para poder optar a eles, era condición indispensable que os alumnos/as que o solicitasen obtiveran a calificación de sobresaínte nos exames ordinarios.
As notas dos premiados/as desta edición oscilaron entre o 8,50 e o 9,64. De feito, era requisito imprescindible para optar a ditos Premios, ter tódalas asignaturas aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5, así como matricularse no curso seguinte no IES Fernando Blanco de Cee.
Os premiados nesta quinta edición dos Premios Académicos “Fernando Blanco” foron: - Ana Blanco Lago (3º ESO) - Carmen Ramón Fdez. (1º Bacharelato) - Elisa Lema Gómez (1º Bacharelato) - Lucas Trillo Marcote (1º Ciclo Medio – Electromecánica) - Mª Pilar Mouzo Domínguez (1º Ciclo Superior - Administración e Finanzas)Cada un dos Premios está valorado en 500 € (220 € en metálico e 280 € en vales de compra doados polos establecementos colaboradores).
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).