Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Hoxe celébrase o roteiro de homenaxe a Muller por Cee

Roteiro 8M Cee BNG
Hoxe celébrase o roteiro de homenaxe a Muller por Cee

A pasada semana tivo que ser adiado polo mal tempo, pero este venre 15 de marzo o BNG retoma o roteiro homenaxe ás Mulleers co gallo do 8M. A cita comeza ás 19:30h na Praza do Olvido, repasando historias concretas e anónimas de mulleres que fixeron historia.

Farán parada na praza Concha Blanco, onde falarán varias profesionais de diferentes sectores. 

E rematará ás 20:20h na Praza 8 de marzo, onde lerán o manifesto e haberá música.

Comentarios