Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Identificados os restos dun veciño de Cee nunha exhumación en Navarra

Exumaciones  Monte Ezkaba
Imaxe dos traballos de exhumación no Monte Ezkaba. Fonte: Goberno de Navarra
Identificados os restos dun veciño de Cee nunha exhumación en Navarra

O goberno de Navarra daba conta dos resultados dunha exhumación realizada nas faldas do monte Ezkaba, sito a uns centos de metros de Iruña/Pamplona. Os traballos de identificación, e gracias ao banco de ADN do goberno navarro, sinalan que se tratan do restos de Vicente Mejuto Leis, chofer de Cee nado en 1913.

Chave para a identificación a través de ADN foi o familiar Ramón Manuel Mejuto Pérez.

Tamén están colaborando coas autoridades no proceso o cormelán Fernando Vidal Collazo, Profesor de Secundaria e Investigador. Uns traballos que tamén desenvolveu o vimiancés Moncho Gándara, dando conta da participación costeira neste proceso de recuperación da nosa memoraia.

Vicente Mejuto Leis (Cee, 24/01/1913) é o primeiro dos 55 galegos que participaron en 1938 na fuxida do cárcere franquista do Monte Ezkaba. Estaba solteiro e era chofer. Foi detido xunto ao seu irmán Teófilo e outros sindicalistas do seu comarca, que foron condenados a matar e asasinados. Vicente foi procesado e xulgado por rebelión militar e condenado a 12 anos e un día de prisión. O 17 de xuño de 1937 foi trasladado desde a Prisión Provincial de Coruña ao penal do Forte de San Cristóbal, no monte Ezkaba, onde permaneceu encerrado ata o día da fuga.

Mentres, o goberno de Navarra continúa cos traballos de identificación dos corpos da fosa da Esparceta, exhumada pola Sociedade de Ciencias Aranzadi a iniciativa do Concello de Berriozar o 18 de abril de 2015.

Novas relacionadas

Comentarios