O IES Agra Raíces arrasa na Olimpiada Galega de Química

Tremenda a participación do alumnado de 2º Bacharelato do IES “Agra de Raíces” de Cee na 42ª Olimpíada Galega de Química. Catro alumnxs do centro ceense (Marta Andrade Fandiño, Claudia Costa Casais, Bernardo Paz Canosa, e Érika Puente Sieira) acodían á Facultade de Ciencias da Coruña (UDC), acompañados pola súa profesora e adestradora de Química, Mª José Pena Muiños, para probar os seus coñecementos e destrezas nestas singulares e ben interesantes competicións educativas, pois o seu obxectivo non é outro que o de fomentar as vocacións e desenvolver o espírito emprendedor entre os máis novos,.
As probas do decano destas probas en España e xerme da Olimpíada Nacional de Química, ás que tiveron que enfrontar consistiron nun cuestionario de opción múltiple, dous problemas e a interpretación dun escenario práctico de laboratorio. As probas realízanse simultaneamente nas 4 sedes posibless e nun prazo de dúas horas. Participaron 188 alumnos de diversos centros de toda Galicia, e os 4 ceenses demostraron o seu potencial.
O esforzo e a dedicación que puxeron nos seus estudos e na preparación das probas deron os seus froitos. Bernardo Paz quedou 1º na Universidade da Coruña e 4º a nivel autonómico, mentres que Érika Puente obtivo o 6º posto no distrito coruñés.
A nova chegou ao centro a media mañá, e os seus compañeiros celebrárono e felicitárono polos resultados.
O primeiro posto de Bernardo fai que poida ser un dos tres representantes da Universidade da Coruña e de Galicia na vindeira edición da 38ª Olimpíada Nacional de Química, que se celebrará en Córdoba. Será do 25 ao 27 de abril.
Esta é a terceira vez que o centro participa nunha Olimpíada de Química e está a gozar da súa segunda vitoria e da súa clasificación a nivel nacional, xa que tamén logrou o único ano en que participou na Olimpíada de Física, onde mesmo chegou a nivel internacional.