O IES Fernando Blanco abre o prazo dos Cursos de Capacitación Dixital para maiores de 55 anos
O IES Fernando Blanco de Cee informa do comezo dos Cursos de Capacitación Dixital para maiores de 55 anos que se van impartir durante o mes de outubro en horario de tarde os martes, mércores e xoves de 16:00 a 19:00 horas.
Un deses cursos que pode reducir a fenda dixital que sufrimos na comarca. "Cremos que esta información pode ser de interese para moitas persoas maiores de 55 anos ou en situación vulnerable para que se poidan desenvolver de forma cotiá nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, na que servizos esenciais, tales como a banca, o acceso ás administracións públicas ou o consumo realízase de forma telemática, excluíndo de facto a un sector da poboación que, ben pola súa idade, polo seu baixo nivel de formación, ou pola súa vulnerabilidade, carecen das competencias dixitais necesarias, situándoos en clara inferioridade respecto da poboación xeral e empeorando de forma significativa a súa calidade de vida", explican dende o centro.
Levarase a cabo unha formación específica de alfabetización dixital orientadas a maiores de 55 anos con baixo nivel de cualificación, atendendo especialmente á fenda de xénero, á poboación vulnerable e ás zonas rurais.
O prazo de matrícula é ata o día 7 de outubro de 2024 e pode facerse na oficina do IES Fernando Blanco en Cee ou cubrindo o impreso que está na páxina web do Fernando Blanco e enviándoa por mail a: [email protected]