Domingo. 24.10.2021
El tiempo

O IES Fernando Blanco celebrou a súa senlleira Olimpiada de coñecementos

Olimpiada do IES Fernando Blanco 2021 2
O IES Fernando Blanco celebrou a súa senlleira Olimpiada de coñecementos

Este luns o IES Fernando Blanco celebraba a súa senlleira Olimpiada Cultural “O Saber ten Premio”. Xa foi a 10ª edición desta competición de sabedoría, a cuia final chegaron 3 equipos dos 10 que se presentaran hai unhas semanas.

Este ano a fórmula foi a través dun xogo informático no que tiñan que responder a unha batería de 30 preguntas seleccionadas ao chou dun banco de máis de 900 preguntas, que versan sobre todas as materias e módulos impartidas nas diferentes ensinanzas que se imparten no instituto e que foron propostas por todos os departamentos didácticos.

Os 3 equipos finalistas foron, por orde de puntuación:

  • ”The black parade” formado por Martín Hernández Abad, Iván Quintáns Trillo, Gabriel Valdomar Canosa e Guillermo Suárez Lado.
  • ”Enxebre” no que participan Pedro Gallart Mancha, Alexander Rodríguez González, Yago Mariño Canosa e Xurxo Caamaño Vázquez.
  • ”Cero á esquerda” integrado por Isabel Díaz Jallas, José Francisco Suárez Tajes, Marco Miranda Ferrío e Mateo Buschmann Bella.

Olimpiada do IES Fernando Blanco 2021

Nesta ocasión, por mor da pandemia, a Gran Final tivo un formato mixto, no Salón de Actos estiveron os equipos finalistas, algúns membros das súas familias, os patrocinadores, o grupo de 1º da ESO e a comisión organizadora, o resto do alumnado e profesorado asistiron desde as súas aulas ao acto de forma virtual a través de Cisco WebEx.

Foi o mestre Diego Carril o presentador, que comezou dando paso á directora do instituto, Chelo Trillo, fixo unha intervención na que salientou o traballo que supón a organización dun acto destas características e agradeceu ese traballo e por suposto a colaboración económica das empresas patrocinadoras.
A primeira metade foi de xogo entre os dous primeiros, e na segunda foi en clave de debate, lanzando argumentos arredor da pregunta “Aprendemos algo da pandemia?”. Momento para valorar a orixinalidade, pertinencia e adecuación, respecto ás quendas de palabra, puntualidade, colaboración, traballo en equipo, oratoria e estilo, coherencia, claridade, elocuencia, espontaneidade,…

Despois do debate puidemos saber o resultado desta Gran Final, resultando gañador o equipo “Enxebre”, o segundo posto foi para The black parade e o terceiro para Cero á esquerda.

Nos intervalos de descanso entre probas, proxectáronse varios vídeos nos que se puido ver a creatividade demostrada polo alumnado de 4º da ESO nos vídeos que fixeron sobre Xela Arias nas clases de lingua galega, ou un vídeo que, sobre a figura de Fernando Blanco de Lema, elaboraron os profesores do noso centro Elvio Antelo e Marcos Eijo.

Os premios foron entregados por representantes das empresas patrocinadoras da Olimpíada Cultural: O 1º premio de 600€ foi entregado por Pedro Escudero de XEAL, o 2º premio de 400€ por Benito Coiradas de Compucee e o 3º premio de 300€ por Severo Roget de Ferretería Roget.

comentarios