Incautados 50 quilos de polbo sen identificar e máis de 10 nasas en Sardiñeiro, Brens e Muros
Diferentes operativos da Garda Civil serviron para poñer de manifesto, unha vez máis, o problema co furtivismo en toda Galicia. E a Costa da Morte non safa.
En Fisterra os axentes incautaron 75 nasas de madeira sen identificar e 41 quilos de polbo. Ademais na ría de Corcubión, os gardacostas realizaron unha actuación en Sardiñeiro e Punta Barra Brens na que requisaron 40 nasas de madeira que estaban sen identificar, 300 metros de arte de enmalle tamén sen identificar e 10 quilos de distintas especies de peixe e marisco.
Outra actuación realizada na ría de Muros e Noia saldouse coa incautación de 141 artes de pesca, a maioría cacharros de polbo sen identificar, e co comiso de 40 quilos de polbo.
Todo, no marco dun operativo realizado polos Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, no que requisaron máis de 1.100 aparellos de pesca e comisaron máis de 340 quilos de peixe e marisco en diferentes operativos realizados polo litoral galego durante a semana pasada. Os inspectores da Xunta tamén se fixeron con 500 metros de artes de enmalle. Os operativos foropn realizados, ademais de na Costa da Morte, na zona de Arousa, ría de Vigo, ría de Ferrol, e na ría do Barqueiro.
Novas relacionadas
- Alarmante situación a da pesquería do polbo.
- 13-06-14: Un operativo incauta 32 kg de centola e 36 de percebes a un par de furtivos en Barizo.
- 05-05-14: A Garda Civil incauta en Corme dúas embarcacións e 68 quilos de centola.
- 10-12-13: 150 quilos de percebe incautados en Malpica.
- 25-10-13: Operación Jaulón: Decomisados 7500 quilos de xarda ilegal.
Fonte
- Xunta.