Lémbranlle á Xunta a “condición esencial” do mantemento da actividade industrial nas concesións hidráulicas de XEAL

Mobilización deste venres do Comite de XEAL ás portas da fábrica de Brens

Aguantou o temporal e os traballadores das fábricas de XEAL non faltaron á súa mobilización dos venres. Se onte era o Comité o que valoraba a reunión coa Consellería, hoxe é a CGT o que quere amosar a súa opinión sobre a resposta da Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría Traba, para tratar de buscar unha solución a situación na que se atopa actualmente XEAL.

A CGT tamén trasladou á xunta a complicada situación da planta: “escasa actividade nas fábricas, redución de empregos directos e indirectos, ERTE, ausencia do Plan de viabilidade, etc..”

E dende a CGT consideran que “a maiores do Plan de viabilidade, é primordial concretar dunha vez por todas, o que se entende por mantemento da actividade industrial e dos empregos nunha comarca. Condición esencial prevista nas concesións hidráulicas que Xeal está a explotar”.

A CGT tamén recorcou que “a empresa leva beneficiándose das concesións dende o 1992, pero o emprego sempre foi en descenso ata chegar ao punto no que nos atopamos. Polo que lle solicitamos a Xunta que actúe de forma inmediata. A Directora Xeral valorou positivamente a proposta da CGT e comprometeuse a traballar nesa liña”, apuntan dende a CGT.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA