Sábado. 22.01.2022
El tiempo

Leva por diante a cinco mozos en Cee

Leva por diante a cinco mozos en Cee
Dramático suceso o que acontecía na mañá do pasado sábado, 13 de agosto, en Cee. Un home atropellaba a cinco rapaces diante dun pub na vila de Cee. O causante dos feitos xa foi imputado por conducir de xeito temerario. O accidente producíase pasadas as 08:20h na zona de pubs da vila da Xunqueira. De súpeto, un vehículo invadiu a beirarrúa e levou por diante a cinco persoas. Ao volante estaba un mozo de 21 anos, que deu positivo no test de alcoholemia, un test ao que foi sometido logo do accidente. Ata o Hospital Virxe da Xunqueira desprazaron a tres feridos, o de maior idade, de 23 anos. Os outros feridos desprazáronse a dependencias sanitarias polo seu propio pé.

Novas relacionadas

Accidentes no 2011

Fonte

  • Europa Press.

comentarios