Lires coida e conciencia a súa contorna
Que importantes, ante a pasividade das administracións, estas xornadas de limpeza dos nosos areais. Tralas malas condicións meteorolóxicas que impediron levar a cabo a Xornada Ecolóxica de Lires a pasada fin de semana, este sábado 15 si que puideron saír á praia e facer unha completa xornada de limpeza e concienciación medioambiental. I é que a participación dos cativos nestas actividades son fundamentais para o seu xeito de entender o mundo.
Arrincaron os bravos de Pedras Miúdas ás 11 da mañá, limpando ás beirarrúas que van dende o cemiterio parroquial ata o areal. A xornada rematou ao redor das dúas da tarde cun gran éxito xa que lograron limpar a praia en tempo récord e contaron coa colaboración non só dos socios de Pedras Miúdas senón tamén da Alcaldesa de Cee e da concelleira de Cultura. Ademais moitos bañistas que se achegaron ata Lires para gozar deste fermoso día de sol tamén se apuntaron á xornada ecolóxica.
Novas relacionadas
- O tempo impediu unha completa Limpeza Voluntaria de Praias.
- A Costa móllase polas súas praias.
- 6 Bandeiras Azuis ondearán este verán nas praias da Costa da Morte.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).