Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O tempo impediu unha completa Limpeza Voluntaria de Praias

O tempo impediu unha completa Limpeza Voluntaria de Praias
Limpando a sopa de plasticos na Praia de Talon

Que importante é que teñamos, nunha zona como a nosa, os areais limpos. E o dicimos en clave medioambiental, pero tamén o dicimos en clave turística, e é unha verdadeira mágoa que teñan que ser grupos de voluntarios os que deixen peiteados os areais a comezos de verán, mentres as administracións miran para outro lado.

Non permitiu o tempo que as 9 praias que ían recibir un lavado de cara quedasen máis limpas. Ata 9 colectivos apuntáronse á Limpeza Simultánea de praias convocada por Adega polo Día dos Océanos, incluídas entidades ecoloxistas, grupos de veciños e centros de ensino. Pero non todos puideron saír a recoller a marea de plásticos que invade os areais.

Así lles aconteceu aos alumnos do IES Fin do Camiño e aos do Maximino Romero de Lema, que intentaron saír a limpar as praias de Mar de Fóra e Traba, respectivamente, pero o tempo, durante o venres, non deu tregua. Pola súa banda, a asociación Pedras Miúdas de Lires, retrasou a Xornada Ecolóxica para o vindeiro domingo 15.

Si que saíron a limpar a Pedra do Sal os bravos de Senda Nova, con máis de 150 kg de plásticos recollidos. Algo máis colleron os Voluntarios do Concello de Muxía na praia de Nemiña, que tamén traballaron arreo, coa axuda do Concello.

Limpeza Pedra do Sal con Senda Nova copia

Completa limpeza en Talón

Os Garbage Warriors na praia de Talon Sopa de plasticos en Talon

Tamén na praia fisterrá de Talón, un foco de atracción de plásticos por mor das mareas, un grupo de voluntarios armaron un bo dispositivo de limpeza. Calculan que aproximadamente recolleron 550kg de lixo, pero non puideron cunha maraña de redes que polo menos pesa varias toneladas, e que esperan que o Concello se dispoña a recollelas.

Un grupo de 9 adultos e un neno, verdadeiros Garbage Warriors, baixaron o venres ata Talón. O sábado non se puido que choveu a mares pero o domingo voltaron 3 bravos con gañas de traballar. Os plásticos foron os protagonistas, como nos conta Sole Méndez, a organizadora. Botellas de auga e lixivia, aixas do peixe, cordas, redes, nasas das grises, botes de champú e cepillos de limpar (dos barcos) moitos chismes das bateas de mexilón... e os protectores plásticos das nasas; pero tamén botes de actimel e iogurt liquido, bastoncillos dos oidos, desodorantes, papel albal, iogures, botes de refresco tipo acuarios de prástico grueso...indestructible. Tamén había un saco de cebolas enteiriño!!”, destaca. Por atopar, atoparon atoparon mesmo unha bombona pequena e os restos dun bidón de aceiro, trozos de tuberias negras de PVC e tamén das de colores quee usan nas obras. E por se faltaba algo, tamén había un arroaz en estado avanzado de descomposición que “cheiraba a morte”… nunca mellor dito.

Varias toneladas de redes quedan en Talon Unha bombona na praia de Talon Garbage Warrios con 550 kilos de lixo en Talon

Limpeza dos fondos do peirao de Camelle

Desta volta foi Portos de Galicia o que armou a limpeza dos fondos da ría en Camelle. A Administración portuaria e o centro de buceo Palmira Scuba colaboran por segundo ano consecutivo na extracción de residuos das augas interiores dos peiraos, levantando preto dunha tonelada de lixo.

Entre os residuos extraídos, atopáronse diversos obxectos de medianas e grandes dimensións, entre eles rodas e nasas arroxadas ao mar por particulares. Ademais, retiráronse materiais e restos da propia actividade portuaria que accidentalmente acaban no fondo do mar, como son caixas de pescado ou cabos desprendidos de embarcacións atracadas no peirao.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios