Lires recita a Luisa Villalta
07:55 16/05/24
A Braña de Lires acolle este venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, un fermoso recital poético da obra de Luisa Villalta, a protagonista desta edición.
A partir das 20:00h, Viki Rivadulla, Alex López, Nerea Cortés, David Creus, Chinta Louzán, Xaime Trillo, Suso Bahamonde e quen se anime, subirán ao estrado para recitar a autora coruñesa nun evento artellado polo BNG de Cee.