Luns. 03.10.2022
El tiempo

Lires volve abrir o sendeiro máxico da Meigha Lírea

Lires volve abrir o sendeiro máxico da Meigha Lírea
Lires volve abrir o sendeiro, ruta, roteiro, máxico da Meigha Lírea Lires volve abrir o sendeiro máxico da Meigha Lírea

Hai 3 camiños (seguro que máis) ben fermosos que percorrer por Lires. O que vai da vola rodeando a enseada e despois colle a costa ata a Mexadoira, pasando pola praiiña Area Grande; o propio Camiño de Santiago, e un intermedio, polo medio do bosque, que vén de recuperar o concello ceense.

A Ruta Meigha Lírea volve estar transitable. Desbrozaron, limparon camiños e colocaron a sinalización que desaparecera. Pois falamos de que esta ruta foi aberta en 2007, cando un grupo de mozas presentou ante o INJUVE de Madrid o proxecto “Lires abre os seus camiños” e recibiron unha subvención para elaborar esta ruta de sendeirismo. Unha ruta que formará parte do programa das Andainas “Coñece a Costa da Morte”.

A técnico de normalización lingüística, coordinadora no seu día deste proxecto, insistiu nos agradecementos a todos aqueles que ofreceron a súa axuda para levar a cabo esta iniciativa: os propios veciños de Lires, os seus familiares, enxeñeiros, o carpinteiro... Pero quixo agradecer especialmente a Xan Rivas Cid, funcionario da Dirección Xeral de Xuventude naquel momento e falecido en 2013, a súa dedicación a este proxecto ao cal tratou sempre con moito cariño porque se trataba da primeira iniciativa que el levaba a cabo.

Fonte

  • Concello de Cee.

comentarios