sábado. 15.03.2025
El tiempo

Máis de 1.100 pernoctaron na Costa co Bono Iacobus Fisterra-Muxía

Máis de 1.100 pernoctaron na Costa co Bono Iacobus Fisterra-Muxía
O Bono Iacobus do Camiño de Fisterra-Muxía conta xa con portal propio na rede. A web www.iacobusfisterra.com foi presentada o pasado venres no “Salón Obradoiro” do Hostal dos Reis Católicos de Santiago. Saben que esta proposta invita a facer os 120 km do treito Santiago-Muxía-Fisterra con total comodidade, pernoctando en deferentes casas rurais de primeira calidade. No acto estiveron os responsables dos cinco establecementos de turismo rural participantes no proxecto –Casa de Trillo, Cabañas de Lires, hotel rústico Ínsula Finisterrae, Casa de Santa Uxía e Casa Perfeuto María-, así como o xerente de Viaxes Viloria, turoperador encargdo da comercialización do producto. Entre os asistentes estaban tamén o concelleiro de cultura de Corcubión, Juan Carlos Canovas; o presidente da Asociación de Hostelería de Santiago, Jesús Sordo; membros da Asociación Galega de Amigos do Camiño, ademais de varios empresarios.

Máis de 1.100 usuarios en 3 anos

Desde a súa posta en marcha, a finais de 2007, os bonos iacobus galegos foron utilizados por 1.169 usuarios, que realizaron 6.927 pernoctas, supoñendo uns ingresos de 416.300 euros. Jesús Trillo, de Casa de Trillo, lembrou que a iniciativa xurdíu na Costa da Morte no verán de 2007. Logo, co apoio de Turgalicia, foi posta en marcha como proxecto piloto no Camiño de Fisterra-Muxía, para logo extenderse a outras rutas. Fixo tamén un recoñecemento público ao papel da Asociación Galega de Amigos do Camiño na recuperación e posta en valor desta prolongación xacobea. Manuel Lema, de Casa Perfeuto María, explicou o contido da páxina, que da cabida a espazos destinados ao Camiño, as súas etapas e aos aloxamentos, con vídeos engadidos. Agradeciu tamén a xenerosidade do grupo Luar na Lubre, quen cedíu gratuitamente a música para os vídeos.

Tamén en xaponés

Manuel Oreiro, de Viajes Viloria, falou da comercialización do producto, destacando a edición dun amplo folleto en seis idiomas, xaponés incluido. O paquete será promovido próximamente en feiras como a de Milán, Berlín e Lisboa.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios