Marcos Rodríguez acada en Portugal o título de Mestre Fotógrafo Internacional
Segue arrasando por onde pasa. Apenas un par de meses despois de recoller o recoñecemento da FEPFI, Marcos Rodríguez foi galardoado co título de Mestre Fotógrafo Internacional no Concurso de Cualificacións da APP de Imaxe - Asociación Portuguesa de
Profissionais da Imagem, celebrada recentemente na cidade de Viseu (Portugal).
O carballés afincado en Cee acadou o máximo de méritos aos que se pode optar nun ano, cunha total de 8 traballos recoñecidos polo xurado internacional. Varios deles tamén o foron seleccionado para formar parte da prestixiosa Coleção de Honra, un recoñecemento reservado ás imaxes que alcanzan o máximo nivel de excelencia dentro da competición.
Marcos levou tamén a nosa comarca a Portugal, repetindo aquelo de "Onde queira que eu vaia, a Costa da Morte vai comigo", demostrando o potencial creativo e cultural do ámbito loca
Dende a Asociación de Fotógrafos Profesionais de Galicia (Asfogal), da que é presidente, celebran este novo fito que supón non só un éxito individual, senón tamén un paso adiante na proxección da fotografía galega a nivel internacional. Un orgullo que abre a porta a novas sinerxías e potencialidades apoio institucional para seguir impulsando o talento que nace e traballa en Galicia.
Máis novas