mércores. 30.04.2025
El tiempo

Marcos Rodríguez recibe o título de Mestre Instructor Fotógrafo, o máximo recoñecemento da FEPFI

Marcos Rodriguez con Valeria Casina recllendo titulo da FEPFI
Marcos Rodriguez con Valeria Casina recollendo titulo da FEPFI
Marcos Rodríguez recibe o título de Mestre Instructor Fotógrafo, o máximo recoñecemento da FEPFI

Como arrasa. O fotógrafo Marcos Rodríguez vén de ser galardoado co título de Mestre Fotógrafo Instructor, o máximo recoñecemento que outorga a Federación Española de Profesionais da Imaxe (FEPFI). Concédese este título a aqueles que acadaron 60 traballos meritorios, ademais de ter publicado un libro e impartido formación, consolidando así unha carreira de excelencia na fotografía profesional.

O carballés afincado en Cee, acodiu esta fin de semana a recoller o galardón na gala de entrega dos recoñecementos, e deu unhas palabras de agradecemento, destacando “tantos anos de esforzo e dedicación ao que máis lle apaixona”. Lembrou que leva mandando fotos a este certame dende o 2012, puxo en valor o seu libro, contou que "a foto é todo para min dende que nacín", e recoñeceu, emocionado, que este premio é "un puntazo acojonante".

Ademais, no mesmo acto, Rodríguez recibiu o premio "Distinción Fotográfica", o que supuxo que tivese que volver ao escenario ao pouco de saír. "Foi unha fin de semana chea de emocións, risas e momentos inesquecibles", sinala o fotógrafo, agradecendo a todos os que estiveron ao seu carón nesta viaxe.

Marcos xa é un clásico das galas da FEPFI, pois ten levazo numerosas distincións, así como noutros certames de prestixio, destacando nos Lux Awards, onde obtivo diversas distincións, e na Copa do Mundo Fotográfica, onde conseguiu a Medalla de Prata representando a España. Tamén foi recoñecido como Mellor Fotógrafo Europeo do Ano en Fotoperiodismo en varias ocasións, consolidando o seu nome entre os líderes da fotografía profesional.

Rodríguez exerce tamén como presidente da Asociación de Fotógrafos Profesionais de Galicia (Asfogal), promovendo iniciativas a favor do sector e fomentando a profesionalización da fotografía en Galicia.” Este novo recoñecemento non só reforza a súa traxectoria, senón que o sitúa como un referente da fotografía profesional en España”, destacan dende a FEPFI.

Máis novas

Comentarios