Marcos Rodríguez recupera o seu trono

Medalla de prata no mundial de fotografía, mellor fotógrafo europeo, premio Lux de Ouro,... Marcos Rodríguez é un dos fotógrafos galegos máis galardoados e dende o martes ten dous novos recoñecementos xa que recebiu o Premio Nacional de Fotografía que outorga a Federación Española de Profesionales de la Fotografía y la Imagen (Fepfi) na categoría de "reportaxe gráfico", cunha imaxe capturada na Rapa das Bestas de Vimianzo.
Foi nun acto que tivo lugar en Segovia e ao que Marcos Rodríguez estaba nominado en diferentes categorías: arte ilustrativo, natureza, retrato, boda,... "Esto é unha auténtica loucura", recoñecía días atrás o fotógrafo a través das súas redes sociais. Durante o acto da Fepfi recibiu tamén o título de Fotógrafo Especialista en Paisaxe dotado cun diploma e unha insignia de ouro.
Para Marcos Rodríguez estes dous recoñecementos teñen un gran valor na súa traxectoria profesional na que suma ducias de títulos por moitas das súas instantáneas feitas, na súa gran maioría, na Costa da Morte. A alegría de recibir o propio premio nacional hai que sumarll a emoción do seu fillo Pepe que o acompañou no certame xunto co seu outro fillo, Marquis.
Recentemente Marcos Rodríguez tamén nos anunciaba que proximamente verá a luz un libro que se inclúe dentro da colección "Imaxes dun país" da Editorial Canela.
Máis novas
- Marzo 19: Marcos Rodríguez repite, por terceiro ano, como Fotógrafo Europeo do ano en categoría Reportaxe
- Novembro 18: Marcos Rodríguez segue sumando recoñecementos: X Premio Principado de Asturias de Fotografía en Libre Creación.
- Marzo 18: Marcos Rodríguez revalida o título de Fotógrafo Europeo do Ano.
- Febreiro 18:Marcos Rodríguez volve á final da “Eurocopa” de fotografía.
- Outubro 17: Marcos Rodríguez xa é todo un Maestro Fotógrafo.
- Abril 17: MR: A Cámara de Ouro da fotografía europea é costeira.
- Marzo 17: A Federación Española de Fotógrafos concédelle dous novos recoñecementos a Marcos Rodríguez.
- Marzo 17: Marcos Rodríguez, o fotógrafo máis internacional da historia da Costa da Morte, expoñendo na casa
- Febreiro 17: Marcos Rodríguez aspira a gañar a Cámara de Ouro dos Fotógrafos Europeos
- Decembro 16: Marcos Rodríguez representará por terceira vez a España no Mundial de Fotografía.
- Outubro 16: Marcos Rodríguez, “Fotografo Distinguido” e doble “Fotógrafo do ano” pola FEPFI.
- Febrero 16: MR, no Top Ten dos Fotógrafos Europeos.
- Xuño 16: Marcos Rodríguez homenaxea á xente da Costa da Morte a través dunha exposición de fotografía
- Xaneiro 16: Marcos Rodríguez, de nominación en nominación
- Xaneiro 16: Marcos Rodríguez aspira a convertirse no Quijote da fotografía estatal.
- Decembro 15: “Repetir a medalla de Prata da Copa do Mundo de Fotografía antóxase difícil, pero soñar é gratis”.
- Abril 15: “Gañar a medalla de prata nunha Copa do Mundo de Fotografía cunha imaxe da Costa da Morte… Emocióname”.