Marcos Rodríguez, recoñecido como Fotógrafo Distinguido pola Asociación Portuguesa de Profesionais da Imaxe

Traspasa fronteiras xa a fama de Marcos Rodríguez dende hai anos. E volve facelo recibindo o recoñecemento como Fotógrafo Distinguido polo APPIMagem - Asociación Portuguesa de Profesionais da Imaxe.
Foi durante o concurso de clasificación celebrado a pasada fin de semana en Fátima, Portugal, Como acontecera en 2017 cando foi nomeado fotógrafo distinguido polo Federación Española (Fefpi) Marcos, que ten no seu haber, entre outros, unha medalla de prata no mundial de fotografía e tres medallas de ouro como mellor fotógrafo do ano entre outros galardóns, aumentando así o seu escaparate, neste ocasión no país veciño.
Ademais, no certame APPImagem, Rodríguez conseguiu que dúas das súas obras entrasen a formar parte parte da Colección de Honra da Federación Portuguesa, obtendo un total de oito méritos por seis das súas fotografías.
Aínda que sempre tende a restarlle importancia a todo o que conseguiu, estes os recoñecementos son froito do seu talento e esforzo no mundo da fotografía.
Por se fose pouco, outras dúas obras dos de Carballo, con sede en Cee, foron homenaxeadas co distinción de Traballo Fotográfico Internacional do ano 2023 nas categorías de "Persoas e veciños" e “Fotojornalismo” por ser os que obtiveron maior puntuación nas dúas categorías.
NOVAS RELACIONADAS
- Novembro 19: Marcos Rodríguez faise cun novo premio, o Lux Oro da APFE.
- Marzo 2019: Marcos Rodríguez repite, por terceiro ano, como Fotógrafo Europeo do ano en categoría de Reportaxe
- Novembro 18: Marcos Rodríguez segue sumando recoñecementos: X Premio Principado de Asturias de Fotografía en Libre Creación.
- Marzo 18: Marcos Rodríguez revalida o título de Fotógrafo Europeo do Ano.
- Febreiro 18:Marcos Rodríguez volve á final da “Eurocopa” de fotografía.
- Outubro 17: Marcos Rodríguez xa é todo un Maestro Fotógrafo.
- Abril 17: MR: A Cámara de Ouro da fotografía europea é costeira.
- Marzo 17: A Federación Española de Fotógrafos concédelle dous novos recoñecementos a Marcos Rodríguez.
- Outubro 16: Marcos Rodríguez, “Fotografo Distinguido” e doble “Fotógrafo do ano” pola FEPFI.
- Febrero 16: MR, no Top Ten dos Fotógrafos Europeos.
- Decembro 15: “Repetir a medalla de Prata da Copa do Mundo de Fotografía antóxase difícil, pero soñar é gratis”.
- Abril 15: “Gañar a medalla de prata nunha Copa do Mundo de Fotografía cunha imaxe da Costa da Morte… Emocióname”.