Marcos Rodríguez publica “Finis Terrae”, o libro das xentes da Costa da Morte

Coñecidas son as fotos etnográficas que Marcos Rodríguez leva realizado pola Costa da Morte. Esas xentes que o fotógrafo carballés afincado en Cee leva tomando dende 2007, forman parte case que da nosa familia, como María, a protagonista da portada de “Finis terrae”, o libro que vén de publicar.
Aquelas imaxes que teñen protagonizado varias exposicións convírtense hoxe en libro, editado por Canela na súa colección "Imaxes dun país".
Así o presentaba estes días nas súas redes. “Nunca aspirei a ter un libro propio, pero non podo estar máis orgulloso. Son 17 anos bordeando a Costa da Morte coñecendo xente marabillosa que me abriron as portas sempre cun sorriso, e que permitiron aprendendo a nosa historia".
Este libro etnográfico conta cun texto de presentación a cargo da escritora de Bergantiños Rosalía Fernández Rial, e a colaboración da Deputación e de varios concellos da bisbarra.
Máis novas
- 2024: Marcos Rodríguez recupera o seu trono.
- Marzo 19: Marcos Rodríguez repite, por terceiro ano, como Fotógrafo Europeo do ano en categoría Reportaxe
- Novembro 18: Marcos Rodríguez segue sumando recoñecementos: X Premio Principado de Asturias de Fotografía en Libre Creación.
- Marzo 18: Marcos Rodríguez revalida o título de Fotógrafo Europeo do Ano.
- Abril 17: MR: A Cámara de Ouro da fotografía europea é costeira.
- Marzo 17: A Federación Española de Fotógrafos concédelle dous novos recoñecementos a Marcos Rodríguez.
- Marzo 17: Marcos Rodríguez, o fotógrafo máis internacional da historia da Costa da Morte, expoñendo na casa
- Outubro 16: Marcos Rodríguez, “Fotografo Distinguido” e doble “Fotógrafo do ano” pola FEPFI.
- Xuño 16: Marcos Rodríguez homenaxea á xente da Costa da Morte a través dunha exposición de fotografía
- Abril 15: “Gañar a medalla de prata nunha Copa do Mundo de Fotografía cunha imaxe da Costa da Morte… Emocióname”.