Xoves. 14.11.2019
El tiempo

Marcos Rodríguez expón as súas fotografías premiadas en Stoupa

Marcos Rodríguez expón as súas fotografías premiadas en Stoupa
Stoupa-Marcos-Rodriguez Marcos Rodríguez expón durante todo o mes na teda turística Stoupa de Cee once das súas fotografías premiadas Durante todo o mes de setembro, Marcos Rodríguez - o fotógrafo máis internacional da Costa da Morte - expón as súas fotos en Stoupa, a galería turística de Cee. Serán un total de 11 fotografías orixinais premiadas e, ademais, poderase adquirir copias das mesmas asinadas polo autor. As fotografías que forman parte da exposición son obras meritadas pola Federación Española de Profesionais da Fotografia e a Imaxe (FEPFI) e varias delas forman parte da colección de honra desa Federación. Merecen unha mención especial a fotografía que conseguiu a medalla de prata na World Photographic Cup do 2014 (Copa Mundial de fotografía) e as que gañaron a Golden Camara Award no 2017 da Federación Europea de Fotógrafos. O fotógrafo carballés, afincado en Cee dende o ano 2009, conta ao longo da súa traxectoría profesional con innuemerables galardóns, tanto nacionais como internacionais. A mostra poderá visitarse de luns a sábado de 12 a 14 e de 18 a 21 horas na galería ceense, situada na rúa Campo do Sacramento 23 e facilmente localizable por presidir a súa entrada unha columna multicolor, obra do escultor Nando Lestón.

Máis novas

Fonte

Comentarios