Margarita Lamela: "Non me vale a política de propaganda, espectáculo e populista dos últimos meses de campaña"


Margarita Lamela, de familia con sangue política, estréase como candidata no PSdG de Cee para intentar mellorar os malos resultados acadados pola anterior directiva en 2011, que deixaron un só edil no pleno municipal.
Con ela falamos sobre o seu programa.
- QPC: Antes de nada, por que non quixeches participar no debate público que organizou QPC?
Foi unha decisión de grupo, non só unilateral miña. Antes da campaña xa dixen que non ía participar porque o debate era cos meus veciños. Non son funcionario público nin persoal fixo de ningunha administracións, os cales teñen permiso de 15 para a campaña, polo que a min, dada a miña profesión me obriga a compaxinar a campaña co meu traballo e a asistencia a xuízos.
- QPC: Con que obxectivo afronta a súa lista estas eleccións do 24M?
Aspiro a ter unha maioría suficiente para poder gobernar como lista máis votada.
- QPC: Son tempos de cambio na súa formación, despois das peores eleccións do PSdG en Cee. Como foi ese cambio? Cales son os puntos fortes do seu equipo?
A lista está totalmente renovada, o cambio é positivo, somos un equipo de 15 persoas, traballadoras, honestas responsables e sen contas pendentes ca xustiza, con capacidade e preparación para resolver os problemas da veciñanza.

- QPC: Como ve que haxa 7 candidaturas nun concello como Cee?
Enriquecedor, no sentido da pluralidade política, pero ao mesmo tempo, cando un se presenta a unhas eleccións ten que ter responsabilidade e seriedade.
- QPC: Supoñemos que a Residencia é o proxecto do que fai bandeira e a que partida orzamentaria adicará máis cartos?
É un dos proxectos máis importante, pero non o único. A nosa idea é crear unha Residencia-Centro de Día no Paseo, na zona da Rúa Rosalía de Castro, de 4 plantas, a primeira destinada ao Centro de Día e a segunda e terceira para a Residencia, cun parque de máis de 30.000m2 ao arredor.
Unha moción que xa presentou o socialista Manuel Lamela en 2005, cando gobernaba o PP, aprobada por unamidade pero da que non se realizou tramitación algunha.

Ademais, temos intención de levar adiante o que chamamos “Proxecto Humano, no que realmente non é necesario recursos económicos, senón coñecemento e capacidade para axudar de maneira individual a cada veciño. Cada preocupación, inquedanza ou problema que eu poidan axudar a solucionar supón para min a satisfacción de estar cumplindo o punto máis importante do meu programa. Cando os veciños de Cee depositven na miña persoa a confianza e o referente da súa tranquilidade en busca da solucións dos seus problemas, cumprirase o motivo principal de presentar. Un proxecto que trata de orientar e asesorar legalmente aos cidadáns para a disolución dos seus problemas.
- QPC: Tres propostas concretas, e importantes, do seu programa.
Como digo, a Residencia non é o único proxecto importante. Tamén está o proxecto “CEENERXÍA”, unha idea de aforro enerético, para crear un sistema de iluminación máis eficiente en Cee e nas parrquias. Temos precisamente estudiadas varias actuacións en cada parroquia. Cremos necesario o rescate dos servizos de gardería municipal e da Escola de Musica, e do servizo de atención a maiores a domicilio, da limpeza das establecimentos públicos
Tamén está sacar adiante o PXOM, ou a promoción do turismo no casco urbáno e nas Parroquias. Hai que incluir o temas de Deportes e Cultura. En materia deportiva, o mantemento das xa existentes, recuperar escolas deportivas, que se perderon, e amplialas. E en material cultural, queremos a recuperación da Mostra de Teatro
Ademais, temos pensado colaborar man aman coas asociacións e facilitarlle locai , a programación e realización de campamentos de verán, Olimpiada Matemática, promoción de cursos. Pero sobre todo, axudar de xeito individual a cada veciño.
- QPC: Cales cren que son as eivas máis grandes no seu concello?
Para min unha das máis importantes é que dende o Concello non se dan solucións aos problemas directos aos veciños de Cee, senon que os veciños entran cun e saen con dous.
O Centro de Día é un problema grande os nosos maiores indo a Muros. En materia deportiva os nosos nen@s están marchando a Dumbría. E o tema da Gardería Municipal, estamos deixando marchar nenos. É necesaria a promoción de emprego, a tramitacion de todas as subvecións que supoñan contratacións, en maeria de prevención de incedios, limpeza de montes, obradoiros, limpeza de praias, promoción turística, promoción do Parque Empresarial… Son moitas as carencias.
- QPC: Como potenciará a participación cidadá no Concello?
Cee vai ser un concello con ventás e portas abertas onde os veciños poidan entrar en busca de solucións aos problemas. Hai que potenciar o concello en materia de promoción turistica, temos que fomentar Lires, Gures, Ameixenda… e no resto das parroquias hai rincóns impresionantes que é necesario potencialos para que se dea a Costa da Morte como referente. Temos que voltar a ser o motor da Costa da Morte. Hai que crear emprego.
- QPC: Como analiza o traballo do goberno popular nestes tres anos que leva no poder?
Negativo. Resúmoo entre 3 puntos: un mandato baseado nunha política de comodidade e do non facer, coa privatizaron de varios servizos públicos básicos como a Escola de Música ou a gardería en perxuizo dos veciños; e contra o final da campaña, unha política de propaganda espectáculo e populista, a 3 meses das eleccións con obras que non se adaptan ás necesidades dos veciños.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).