Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os mestres Serxio Iglesias e Berta Toja formáronse en Porto e Canadá co programa PIALE

O profesor Serxio Iglesias aprendeu co programa Piale en Porto
O profesor Serxio Iglesias formouse co programa Piale en Porto
Os mestres Serxio Iglesias e Berta Toja formáronse en Porto e Canadá co programa PIALE

Continúan os docentes da comarca facendo real a necesaria formación continua do profesorado. Desta volta tócanos viaxar con Berta Toja e Serxio Iglesias, mestres do IES Fernando Blanco, que participaron durante o primeiro trimestre no PIALE, un programa de integración e aprendizaxe de linguas extranxeiras da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Un programa Trátase dunha iniciativa que, ademais da mellora das competencias lingüísticas dos participantes, procura o coñececemento doutros sistemas educativos, a observación doutras metodoloxías de traballo e o tecido de redes de intercambio de experiencias con centros estranxeiros.

A profesora Berta Toja, docente de inglés no IES Fernando Blanco, participou no programa PIALE en Canadá, onde volveu a abrir as firestras que abrira Javi Turnes hai 3 anos.

Berta Toja en Canada  co programa Piale de formacion do profesorado
Berta Toja en Canadá

Pola súa banda, o profesor Serxio Iglesias, que ademais de lingua galega imparte Portugués no Fernando Blanco, desenvolveu a súa experiencia na cidade de Porto, no país veciño. Alí estivo na Escola Secundaria Clara de Resende, na zona portuense de Boavista, un bairro acomodado e moi emblemático da cidade do Porto.

Na súa estadía de case un mes na escola portuguesa, o profesor Serxio Iglesias acudiu como observador a diversas clases (literatura portuguesa, lingua portuguesa, lingua castelá, valores cívicos...) e tivo reunións cos diversos equipos de traballo e diferentes axentes educativos que conforman a vida da escola: equipos directivos, equipo disciplinar, psicóloga, profesorado, bibliotecaria, servizo de necesidades educativas, etc.

”En trazo xeral, pódese dicir que o sistema portugués non difire moito do español. As clases cínguense a un temario bastante pechado e a metodoloxía na transmisión de coñecementos, en xeral, é bastante tracidional. Asemade, a atención, responsabilidade e comportamento do alumnado é correcto”, explica de primeira man.

En todo caso, valora que “aínda existen pequenas diferenzas. Por exemplo, dáselle moita importancia á exposición oral, que realizan en todas as materias e en todos os niveis. Ademais o profesorado atópase bastante presionado co desenvolvemento e dos currículos, pois en varios niveis o alumnado ten que superar probas externas, o que determina un ranking estatal de escolas. As instalacións, medios e recursos humanos están a un gran nivel”.

Ao remate, toda unha experiencia da que beberá o seu alumnado.

NOVAS DE FORMACIÓN DO PROFESORADO

Comentarios