Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Javi Turnes abre a porta da ensinanza dende Canadá

Javi Turnes abre a porta da ensinanza dende Canadá
Javier Turnes estivo un mes sumerxido no sistema educativo canadiense O profesor e Xefe de Estudos do IES Fernando Blanco Javier Turnes estivo un mes sumerxido no sistema educativo canadiense Tremendamente interesantes son as experiencias de inmersión lingüistica e cultural. Seremos sempre defensores do moito que abre as mentes o programa Erasmus, e animaremos a cada un dos nosos estudantes a saír e ver mundo. Pero tamén os profesores teñen esa posibilidade, unha opción que non quixo perder o profesor de Filosofía e novo Xefe de Estudos do IES Fernando Blanco de Cee. Mestre, filósofo e músico de blues, ten sensibilidade para sacar o mellor de cada lugar, e vén de pasar unha “experiencia inesquecible” durante unha estancia en Canadá, no marco do programa PIALE. Participou como profesor (dunha materia bilingüe) e como Xefe de Estudos, coa intención de sacar o mellor do ensino canadiense para trasladalo ao centro costeiro. Trasladar as cousas máis interesantes que se poidan adecuar á súa aula; pero tamén compartir as liñas principais dun sistema educativo diferente ao castelán. Por iso chamou “The open door, a porta aberta” a esa “sensación tan enriquederora de poñer distancia do propio lugar, das propias certezas e comodidades, tamén das debilidades e temores”. Para aprender. Unha porta aberta que lle serviu para sentir “que tan lonxe e que tan preto estou desa forma de ensino. Aquela porta aberta conectábame coa miña propia clase”, explica orgulloso dese sempre imporantísimo nivel de inglés. the-open-door-javier-turnes

Educando persoas

palabras-que-definen-o-ensino-en-canada ”Para mín, o máis importante do sistema educativo canadense é a súa concepción da educación, a súa filosofía”. Confianza, feedbak, exposicións orais, traballo en grupo, creatividades, autonomía, convivencia, autonomíanaturalidade, diferenciación, razoamento crítico… son palabras que definen ben a política educativa canadiense. O mestre, contratado por certo a través dun proceso de selección de persoal normal, e non como o do funcionariado español, valora moito a evaluación continua, hai poucos exames e os traballos de clase ou proxectos son fundamentaius na nota final, facendo da avalización continua unha realidade. Ademais dase importancia á educación social e emocional. Outro dos aspectos que destaca Turnes é que “Canadá atende á diversidade da aula. Os ministerios ou departamentos de educación destinan unha partida da subvención aos consellos escolares locais para a educación en NEE, que só se pode adicar a ese fin”. O bilingüismo entre francés e inglés é unha das patas fundamentais do ensino, que tamén aporta atención personalizada ao alumnado inmigrante, con sistemas de apoio e programas de acollida. Tamén cómpre destacar o enfoque laboral dos centros de Secundaria, ademais de contar con programas de Formación Profesional. Outro dato práctico é que os alumnos teñen 4 asignaturas por cuatrimestre, e dan 4 sesións de 75’ ao día ata as 15:30h, e despois hai clases extraescolares con profesores, que participan como voluntarios. Uns profesores que ademais contan con formación un venres de cada mes, no que non hai clase.

Educación pública e gratuita

A educación é obrigatoria e gratuita. Os nenos comezan o colexio aos 5-6 anos e a escolarización é obrigatoria ata os 16 anos (18 nalgunhas rexións). Tamén hai centros privados, algúns deles subvencionados con fondos públicos, unha opción que sobre todo tiene como obxectivo garantir o dereito á educación relixiosa incluido. Falamos dun sistema educativo controlado polo que aquí serían as comunidades autónomas, con plans de estudo adaptadas ao territorio. “Cada rexión ten o seu “ministerio de educación” e, ademáis, hai consellos escolares locais (Local School Boards) elexidos por votación pública que se encargan da xestión das escolas de cada distrito ou división”. Outro dato interesante é que “Canadá invirte algo menos da media da OCDE en educación, arredor dun 5,5 % do PIB (en España é 4,5 %), pero cunha organización moito máis eficaz, con orzamentos decididos polos propios profesionais.

Novas relacionadas

Artigos de Javier Turnes en “A Escarpadura”

Outras novas

Fonte

Comentarios