Na procura da imaxe contra a Violencia de Xénero

09:15 21/10/11

Queda xa pouco para o 25N (que non o 20). Como cada ano a Costa tamén celebra o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. En marcha o IV Concurso de Carteis contra a Violencia de Xénero 2011, que artella o Centro de Información á Muller (CIM) de Cee e a Delegación de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego.
Xa está aberto o prazo de presentación de carteis ata o día 19 de novembro e poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9 a 13:30h ou en calqueira das formas que indica a LPCPAC.
O 1º premio será de 200€ e o 2º Premio de 100€. Ademais o primeiro premio será imaxe da campaña de sensibilización 2011 do CIM.
Novas relacionadas
- II Certame de Carteis pola non violencia 2010: Os carteis da non violencia.
- II Certame de Carteis pola non Violencia: Un cartel contra os Malos Tratos.
- I Certame de Carteis pola non Violencia: A muller "toma a palabra".
- Corcubión comeza a elaborar o Plan de Igualdade.
- 4 imaxes que loitan contra a violencia de xénero dende Camariñas.
- As mulleres alzan a voz en Camariñas.
- A mocidade da Costa da Morte revírase contra a violencia de xénero.
- Loitando contra o Fermento do silencio .
- O Soliloquio de Susana Alvite sobre o Día Internacional contra a Violencia de Xénero: Outro día máis sen razón de ser.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Cee.