'Nao cetácea' , o novo libro ilustrado de Xosé Iglesias

Xa está na rúa o novo libro ilustrado de Xosé Iglesias. O mariñeiro e poeta de Cee publica Nao cetácea [Ed. Canela], que inclúe un prólogo de Francisco Fernández Naval e un poema de Manuel Rivas.

Non sorprende coñecendo o amor do ceense polas baleas, nin a arte que ten este home, capaz de facer arte en formatos tan diferentes como as letras, a escultura ou o debuxo. Aquí, en formato de 235 x 185 mm, enche de arte balear 120 páxinas de alta calidade, con 61 acuarelas a cor como grandes protagonistas.

O libro é un achegamento visual, poético e narrativo aos nosos mares, ao patrimonio marítimo e a biodiversidade mariña do litoral, con especial énfase no mundo dos cetáceos, eses seres míticos que de novo volven aproximarse ás rías galegas.
Un libro de acuarelas realizadas por un patrón de pesca-mariñeiro galego, nas que os barcos se transforman nos seres que conforman o seu espírito, mesmo nos peixes que capturan. Unha homenaxe ao mar, aos devanceiros e aos mariñeiros que faenaron e traballan cada día nesta costa atlántica e cantábrica.

Xose Iglesias por Rafa Quintáns

Máis novas de Xosé Iglesias