Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Xosé Iglesias publica o seu álbum "Nación Mar"

Xose Iglesias co seu libro Nacion Mar
Xosé Iglesias co seu libro "Nación Mar" recén recollido no porto da Coruña
Xosé Iglesias publica o seu álbum "Nación Mar"

Xa estará a partir desta semana en todas as librarías do país, “Nación Mar”. O álbum ilustrado por un mariñeiro patrón de pesca da Galicia, no que as baleas son as auténticas protagonistas. A Editorial Bululú recolle “un feixe infinito de horas de traballo en papel de acuarela de 350 gms e pinturas Winsor and Newton” realizado polo poeta-mariñeiro-pintor Xosé Iglesias. “Un traballo feito dende a verdade, dende o cerne dun bote de madeira construído nun pequeno estaleiro no Ézaro, ate eses colosos que encheron de nobreza e dignidade os portos da Costa da Morte, construídos nos míticos estaleiros da telleira”, describe.

”Tamén dende o mar, agora libre, das baleas ate esa factoría de Caneliñas que tinguía de sangue e graxa o océano onde escomencei de pequeno a traballar”.

Iglesias, espera con ansia a primeira presentación, que sen dúbida, será en Corcubión, detrás da Casa da Cultura, nunha leira onde está o primeiro bote onde Xosé comezou a andar de mariñeiro co seu tío.

Mentres, quere agradecer por facer realidade “este proxecto de océano, navíos e cetáceos” o a Lucía e a Pablo, ao autor do prólogo, “o meu mestre literario Xurxo Souto”, así como “a todos os patróns de pesca e amigos que me cederon as fotos para inmortalizar no papel a todos estes deuses-barco.

Ademais, a editorial pensa levar o libro ao outro lado do océano exa ten preparada a tradución ao castelán.

capa do libro Nacion Mar
A capa do libro recolle o seu querido Faro Fisterra, e o baleeiro Ibsa reconciliándose cos cetáceos como un novo Chimán.

Novas relacionadas

Máis Cantigas de Leviatán

Comentarios