Martes. 23.04.2024
El tiempo

Natulóxico, o novo xabrón biodegradable, artesán e feito na Costa da Morte

Natulóxico, o novo xabrón biodegradable, artesán e feito na Costa da Morte
Sonia Lago co Xabron Natuloxico copia Sonia Lago, artesá creadora do Xabrón Natulóxico

”Biodegradable, artesán e 100% da Costa da Morte”. Así presentan dende Corcubión Óscar Cespón e Sonia Lago Castro, o seu novo medio de vida, o Xabrón Natulóxico. Escapando do ritmo de vida capitalista e buscando poder vivir dignamente acorde coas súas ideas, estes dous veciños da comarca fisterrá están sacando ao mercado este produto ecolóxico, que pretende ademais revertir na economía e na cultura da comarca. “A idea parte dun estilo de vida, querende ademais contribuir a mellorar o entorno no que vivimos”, explica Cespón.

”Non é xabón de cosmética, é un xabrón para o día a día, para fregar a louza, lavar a roupa man… A nosa intención é que sexa un xabón que utilice todo o mundo. Unha pastilla de xabón, usándoa todos os días para a louza e e demais, pode durar case dúas semanas, polo que estamos falando de que por 3€ e pouco ao mes estás cuberto, e ademais estás colaborando coa cultura e a economía da zona”.

Di isto porque todos os produtos cos que fai o xabrón son comprados no mercado local, feito con aceite reciclado de restaurante e veciños que colaboran, e “feito a man, remexendo en frío, como se fixo toda a vida, e cun mes de curación”.

Ademais, é moito máis ecolóxico que o resto de xabóns do mercado, tendo un pH máis baixo que o propioo xabón Lagarto, e moitísimo menos agresivo coas augas mariñas que o Fairi e outros semellantes. Iso si, “ningunha pastilla é igual a outra, pois a cor, máis branca ou máis marronciña, depende do gao de queimado do aceite. En todo caso, iso non importa nada na calidade e na escuma”

De momento teñen unha produción suficiente para abastecer a Costa da Morte pero queren ir crecendo pouco a pouco e cegar a toda Galicia. Polo de pronto contab coa colaboración da Asociación de Empresarios de Cee e de Corcubión, tendo nas etiquetas un par de códigos Qr que dirixen as súas webs.

Xabon Natuloxico feito na Costa da Morte

Etiquetas = Experiencias

Un clásico é o de ler os ingredientes do champú de turno mentres fas as túas necesidades. Moito mellor se o que podes ser é un poema de Suso Bahamonde ou Alex López, ver algunha obra do artista Xoanxo Cespón, ou chegar á música de Leo KCH e de Aída. “Cada etiqueta é unha experiencia, e queremos darlle vida a elas, así que se entregas de volta 20 etiquetas levas un xabrón de balde”.

Do Mercado Medieval en diante

O xabón vaise presentar oficialmente esta fin de semana no marco do Mercado Medieval de Corcubión, cun posto na zona do Parque.

A partir de aí, nesta primeira fase intentarán colocar puntos de venda de moitas parroquias de Cee, Corcubión e Fisterra. Despois tocará ir por Muxía, Camariñas, Carnota…

Por agora xa se poden adiquir na súa Tenda electrónica www.natuloxica.com, e tamén fisicamente na tenda turística Stoupa de Cee ou no kiosco Chuminadas de Corcubión.

Ademais, tamén está o seu obradoiro, situado na rúa Rosalía de Castro, nº48, en Corcubión, que ten horario de apertura de 9:15 a 13:15 de luns a sábado, onde ademais de mercar, poderedes coñecer de primeira man como traballan.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios