Nova chamada para limpar a praia de Estorde
07:51 28/05/26
Tras ver as imaxes do estado actual da praia de Estorde, apenas 3 meses despois da última limpeza, a familia de Mar de Fábula quere volver ao areal ceense para armar unha nova limpeza voluntaria, salvando o traballo que deberían facer as administracións.
A entidade convoca ao voluntariado para este vindeiro sábado, 30 de maio, ás 11.00 horas no aparcamento da praia.
A efectos de cobertura de seguros, é necesario anotarse (antes das 20.00 horas do venres, 29 de maio), indicando nome, apelidos e DNI, no correo electrónico info@mardefabula.gal, ou no teléfono: 660242118.

