sábado. 23.05.2026
El tiempo

A Axencia Galega de Infraestruturas confirma a creación dun estudio para avaliar medidas de seguridade viaria en Estorde

cruzando en estorde
A presenza dun aparcamento e dun camping ao outro lado da praia provoca continuas situacións de perigo en Estorde
A Axencia Galega de Infraestruturas confirma a creación dun estudio para avaliar medidas de seguridade viaria en Estorde

Despois de numerosos accidentes, de manifestacións veciñais, e de varias visitas ao Parlamento, a Xunta vén de aprobar a realización dun estudo de seguridade viaria na AC-445 ao seu paso por Estorde, no municipio de Cee.

A petición do BNG, a directora da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), María Deza, asegurou que vai solicitar ese informe para estudiar a posibilidade de tomar medidas. 

A formación nacionalista leva reclamando desde hai tempo que a Xunta de Galiza instale no lugar pasos de peóns e sinais de redución da velocidade a 50 km/h, tendo en conta o tránsito de persoas, que se manifesta con máis intensidade no verán, ademais do fluxo de peregrinos e peregrinas que camiñan polo lugar e que teñen que cruzar a estrada. 

O deputado do BNG pola Costa da Morte e Bergantiños, Oscar Insua, interpelou sobre esta cuestión á directora da AXI este venres 22 de maio na Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos do Parlamento galego, e lembrou que o goberno galego instalou en Estorde hai uns meses dúas marquesiñas para as paradas de autobús.

Oscar Insua manifestou na comisión que “agradecemos o compromiso da Directora Xeral para que se faga ese estudo de seguridade vial, e insistimos en que se faga no verán, e que se calcule o tráfico de vehículo como o cruzamento de persoas. Esperamos que con ese estudo se poidan implementar medidas que aumenten a seguridade para a veciñanza, como os pasos de peóns e a redución da velocidade a 50 Km/h. Imos estar moi atentos para que cumpran este compromiso de hoxe”.

Máis novas

Comentarios