Domingo. 05.07.2020
El tiempo

Nova folga indefinida das traballadoras da limpeza do Hospital

Nova folga indefinida das traballadoras da limpeza do Hospital

As traballadoras do servizo de limpeza do Hospital “Virxe da Xunqueira” de Cee continúan adiante co calendario de mobilizacións en demanda da equiparación salarial ao Grupo E do Sergas, "un dereito que xa ten recoñecido o persoal de limpeza na maioría dos centros hospitalarios do país", segundo denuncia a CIG.

Nesta ocasión, e segundo denuncia o sindicato, "por mor do inmobilismo amosado pola nova empresa adxudicataria, Limpisa Grupo Norte, e a propia Xerencia", as traballadoras convocaron folga indefinida a partir do 23 de xaneiro, que afectará a todo o cadro de persoal e a todas as quendas de traballo (mañá, tarde, noite e partida).

Dende a CIG lémbrase que "hai xa máis de dous anos que a parte social vén mantendo conversas tanto coas empresas concesionarias do servizo como coa Xerencia do Hospital comarcal, sen que até o momento se producisen avances na apertura dunha mesa de negociación para acadar un convenio de centro que permita a equiparación co grupo E do Sergas". E iso, a pesar das mobilizacións realizadas polas empregadas/os que incluíron a convocatoria de paros parciais durante o pasado mes de novembro.

A CIG denuncia que "a empresa e Xerencia néganse sistematicamente a reunirse de xeito conxunto coa representación das traballadoras/es e mesmo o compromiso acadado cos responsábeis do centro (antes do cambio de empresa) foi incumprido".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da CIG-Cee.

comentarios