Venres. 26.04.2024
El tiempo

A CIG pide a equiparación salarial dos traballadores da empresa de limpeza do HVdX cos do SERGAS

A CIG pide a equiparación salarial dos traballadores da empresa de limpeza do HVdX cos do SERGAS

Denuncia hoxe a CIG un problema no sector da limpeza do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Segundo o sindicato, "a pesar do compromiso adquirido coa Dirección do hospital para a equiparación progresiva do persoal de limpeza co grupo E da Xunta, esta non cumpriu, polo que adxudicou a concesión a unha empresa de limpeza (LIMPISA) onde non se contempla a equiparación salarial comprometida coa Dirección do Hospital".

Para a CIG "é inadmisible a atitude irresponsable da Dirección do Hospital de manter o colectivo de traballadoras e traballadores da limpeza hospitalaria en condicións laborais inferiores a dos outros hospitais de Galiza, tanto salarialmente (+ de 1500 €/ano) como de condicións laborais; máis xornada laboral anual, menos días libres e vacacións, permisos non retribuídos, etc. que o resto de traballadoras e traballadores dos centros hospitalarios onde xa se aplica a equiparación ou acadaron acordos para a aplicación progresiva".

Sinalan que "nas asambleas celebradas até o momento as traballadoras/es síntense enganadas e amosaron a súa indignación coa Dirección do Hospital. Nestas asembleas acordouse tanto por parte do colectivo de traballadoras e traballadores como das dúas centrais con representación CIG e UGT de "solicitar reunións tanto coa Dirección do Hospital como da nova empresa adxudicataria LIMPISA para acadar un solución, do contrario, iniciar un calendario de mobilizacións".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da CIG de Cee, da man de Xabier Santos.

Comentarios