Venres. 03.05.2024
El tiempo

Novas Xeracións de Cee organiza unha campaña de recollida de alimentos e donativos a favor de Cáritas

Novas Xeracións de Cee organiza unha campaña de recollida de alimentos e donativos a favor de Cáritas

Novas Xeracións de Cee, iniciou unha nova campaña solidaria, esta vez de recollida de alimentos, que serán destinados para o banco de alimentos recentemente inaugurado por Caritas Parroquial da localidade ceense.

Para iso os membros de Novas Xeracións do Partido Popular de Cee, presididas por Enrique Domínguez, e que conta na directiva local con Sandra Picallo, Ángela Oliva, Adrián Romar e Jose Vieites, repartiranse polos supermercados da localidade para recoller os alimentos e dádivas en metálico que os cidadáns de Cee teñan a ben doar para o comedor anteriormente mencionado.

Recolleranse alimentos non perecedoiros e ata produtos de limpeza, aseo persoal, etc. Todo iso cun único fin, axudar na maior medida posible ao banco de alimentos recentemente posto en marcha no municipio, xa que por mor da actual crise económica e de traballo, son cada día máis e por desgraza, os que acoden en axuda a este servizo. A campaña, segundo sinalan desde NNGG de Cee, prolongarase ata fin de ano.

Pobo solidario

Desde as NNGG de Cee, na persoa do seu presidente, Enrique Domínguez, agradecen anticipadamente a colaboración que sempre brinda o pobo de Cee en todas as campañas solidarias que se organizan, e anima á cidadanía a que siga colaborando así durante este próximo mes, "cun único obxectivo, o de non esquecernos que existe xente con verdadeira necesidade no noso pobo e que coa nosa axuda poderemos -ademais de obter máis doazóns para o banco de alimentos-, demostrar a todos que somos un pobo unido, que mira polo veciño e que nunca deixará de ser o que sempre foi: un pobo de xente solidaria", destacou Domínguez.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa das NNXX de Cee.

Comentarios