Máis de 2.500 quilos de axuda humanitaria

09:20 13/06/11

O pasado mes de maio víamos como a solidariedade chegaba aos supermercados. A campaña de recollida de alimentos para conseguir produtos para a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) levouse a cabo durante varios meses nos hipermercados da zona.
Un dos máis activos foi o Carrefour de Coristanco, que igualaron a cantidade de mercancía doada polos clientes, e enviou ao Banco de Alimentos da Coruña 2568 quilos de axuda alimentaria.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Fotos de Xusto Gómez.