Novo equipo radiocirúrxico para o HVdX

Esta mañá o Hospital Virxe da Xunqueira recibía a visita do delegado da Xunta para revisar o funcionamento dun novo equipo radiocirúrxico. Un aparello (de 90.000€) que permitirá mellorar o seguimento e control en intervencións de cirurxía xeral, ortopedia, traumatoloxía, uroloxía, etc… porque dispón de tecnoloxía que mellora a calidade da imaxe, e a capacidade de integración da imaxe e das doses impartidas.
A Xunta de Galicia continúa a desenvolver, coa adquisición destes equipamentos, o Plan de renovación e modernización do equipamento sanitario previsto para 2021, co que acometer as renovacións integrais dos bloques cirúrxicos e dos equipamentos de alta tecnoloxía para o diagnóstico. Para este plan, os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia destinan, no presente ano, un orzamento de 60 millóns de euros.
Non deixou de lembrar Trenor a reforma que permitiu a reubicación do novo PAC no centro de saúde de Cee, feito acontecido hai case un ano que facilitou a creación de circuítos diferenciados de urxencias COVID e o resto de urxencias, garantindo a seguridade asistencial.
Novas relacionadas
- 09-09-2021: Novo xoves de protesta no Centros de Saúde.
- Novembro 20: O novo PAC de Cee xa está operativo no Centro de Saúde.