O Agra Raíces pechou o curso máis Solidario
Xa estiveramos na fin de curso do IES Fernando Blanco, o CPI da Igrexa e no Eugenio. Só nos faltaba o IES Agra Raíces para ver como pecharon o ano os centros de ensino públicos de Cee. E foi moi emotivo, pois tras un ano tremendamente solidario, o cumio chegaba cunha emotiva entrega de premios.
O máis salientable foi o peche a o programa “Agra Solidario 2014”. Asistiron os representantes dos servizos sociais dos municipios participantes: Carnota, Cee e Corcubión, que recibiron as partes proporcionales da recaudación solidaria, dun total de 4.200,60€, colleitados polos propios alumnos en diferentes actividades. Toda unha demostración de como se pode traballar para os máis necesitados.
Polos Mellores Expedientes
Ademais, tivo luga a entrega de Premios aos Mellores expedientes, unha actividade que se ben premia ao máis traballador, ás veces xenera unha competitividade excesiva nos centros de ensino. Bazarra, que encheu de combustible o depósito solidario, e Ferroatlántica queixeron participar no evento, coa presencia de Julio López e Carlos Olete na entrega.
Os alumnos premiados cos mellores expedientes académicos por curso son:
- 1º ISO: Iria Trillo Charlin.
- 2º ISO: Irene González Costa.
- 3º ISO: Martín Alvarellos Canosa.
- 4º ISO: Jesús Díaz González.
- 1º Bachillerato: Ainhoa Conde Castro.
Ademais, tamén recibiu un premio especial, en recoñecemento extraordinario Ainhoa Conde Castro de 1º de Bachillerato por conseguir un dos premios a mellor expediente académico en toda a ISO a nivel galego outorgado pola Xunta de Galicia e a Samanta Túñez Keienburg, por un premio de Barrie da Maza.
Novas relacionadas
- Cee festexou o fin de curso por todo o alto.
- Bazarra bota combustible solidario tamén no Instituto.
- O IES Agra Raíces vólcase coa Solidariedade.
- Unha viaxe para abrir mentes.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).