O Alzheimer baixou o telón do Mes de vertixe da Fundación Fernando Blanco
Obradoiro no IES Fernando Blanco
Remata un mes de vertixe cultural da Fundación Fernando Blanco de Cee na 5ª edición do programa O Mes da Fundación. Un mes cheo de charlas e citas teatrais e musicais para estudantes e público en xeral. Foi o alzhéimer o protagonista dos últimos días de programa, cuns obradoiros e unha obra de teatro ben interesante.
Durante a mañá do venres, alumnos de Bacharelato do IES Fernando Blanco aprenderon moitísimo cos obradoiros titulados "Teatro e memoria. Obradoiro para espectadores”. Esther Carrodeguas e Pepa Barreiro, da Compañía ButacaZero, desenvolveron este proxecto que nace da necesidade de falar sobre o esquecemento en escena. Pero tamén da necesidade de reflexionar e de compartir as nosas reflexións, ou de pensar entre todos que implica a memoria e o esquecemento.
Uns obradoiros de achegamento ao teatro, e tamén para que os alumnos descubran o teatro como ferramenta para pensarnos, repensarnos, e axudarnos a vivir mellor.
Ao teatro
Pepa Barreiro de ButacaZero en Cee
Impresionante actuación de Pepa Barreiro de ButacaZero en Cee
Xa pola noitiña, a escena trasladouse ao Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura ceesa, para que a propia Compañía ButacaZero desenvolvese a obra teatral “Na butaca. Fantasía nº 3 en dor maior”, dirixida por Esther Carrodeguas, e interpretada maxistralmente por Pepa Barreiro. Unha obra recén estreada o pasado 21 de setembro, día mundial do alzheimer, no Teatro Principal de Santiago.
A obra aborda, de maneira poética e optimista, o tema do esquecemento; concretamente o esquecemento como doenza tipo demencia ou alzheimer, que adoita instalarse nas mentes de persoas de certa idade. Partindo da idea de vivir no presente desa personaxe que está esquecida, achéganos a unha realidade que por veces nos amosa paz e outras anguria; ás veces felicidade e outras rabia.
Na butaca remata por ser un alegato poético a favor da vida vivida no presente.
Novas relacionadas
- Un sábado emotivo e nutricional con Fernando Blanco.
- Fundación e IES recuperaron a tradición histórica de Fernando Blanco de premiar os mellores expedientes.
- O Gaiteiro Bucólico levou aos nenos de Cee de viaxe polos instrumentos tradicionais.
- Anxo Pintos devolveu a música á Idade Media no Mes da Fundación.
- O Mes da Fundación achega a tradición aos máis pequenos.
- As científicas silenciadas abriron o programa do Mes da Fundación
- Outubro é o mes da Fundación Fernando Blanco.
Máis novas
Gañadores dos Premios Fernando Blanco
- Os Relatos da Fundación: Renacer.
- Os Relatos da Fundación: Quero ser mariñeiro.
- Os Relatos da Fundación: O Corazón do Mar.
- Os Relatos da Fundación: O paseo de Xoana pola Costa da Morte.
- Os Relatos da Fundación: Explorando a Costa da Morte.
- Os Relatos da Fundación: A perdición galega.
- Os Debuxos da Fundación (II).
- Os Debuxos da Fundación.
- A Fundación Fernando Blanco de Cee entrega os premios do IV concurso de Debuxo e do V concurso de Relatos Cortos
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).