Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Apalpador e os Reis puxeron o broche de ouro ao Nadal costeiro

O Apalpador e os Reis puxeron o broche de ouro ao Nadal costeiro

Volta a empezar. Volta ao cole cos recordos que nos deixará este Nadal. Pola Costa, o Apalpador e os Reis deixarannos un fermoso gusto, ademais dunha marea de regalos, para comezar con forza este 2007.

O Apalpador

O Apalpador baixou polo Pico de Meda a Carreira O Apalpador baixou polo Pico de Meda a Carreira

A parroquia de Carreira, en Zas, foi a última en disfrutar da visita que Senda Nova organizou para seguir recuperando a figura do Apalpador. Máis de sesenta persoas encheron por completo o local social da Asociación de Veciños O Santiaguiño de Carreira, para ver baixar ao Apalpador dende o Pico de Meda cara o local social e recibilo como merece.
Na aldea de Carreira levábase respirando tradición dende as primeiras horas da tarde. O cheiro a madeira queimada da lareira sentaba moi ben na friaxe das aldeas de Zas e máis concretamente na de Carreira, onde a asociación local mantén o local e o museo en excelentes condicións tradicionais.Ningún sitio mellor ten escollido o Apalpador na xa tradicional despedida da Costa da Morte.

O carboeiro do Courel volveu baixar das montañas de Meda. Esas ateigadas de brétema xélida onde a dura climatoloxía acentúa a disputa entre o lobo e o cabalo galego, aínda en liberdade. Coñéceo moi ben o Apalpador, incansable defensor do noso patrimonio natural e dun lobo, cada vez máis acurralado pola presión social. Incidiu coma nunca o persoeiro ao calor dunha lareira que mostrou as mellores galas para recibir a trinta rapaces e rapazas entusiasmados, dende a tarde, a través das dinámicas de coñecemento da súa figura.

As castañas acompañaron aos agasallos. Os libros, peóns e outros xogos tradicionais foron un remate a unha fermosa tarde tradicional dende o lume da lareira, dende o ulido de Carreira.

As esperadas cabalgatas

Os Reis fixeron gozar a todo Muros-Reportaxe de Domingo Guerra Os Reis fixeron gozar a todo Muros-Reportaxe de Domingo Guerra

Exultantes de ledicia estaban os Magos de Oriente, despois do indescritible recibimento que centos e centos de persoas lles brindaron en Muros. Porque, ninguén da localidade e dos arredores quixo desaproveitar a fermosa noite estrelada do cinco de xaneiro, para participar na quincuaxésima primeira edición desta espectacular cabalgata.

O Rei Baltasar, en rigorosa primicia para este diario, contounos que estaba infinitamente agradecido á Asociación Fouleada, dirixida por Ruca Formoso e Marisa Pedrosa, polo admirable traballo realizado. Díxonos que tanto el como Melchor e Gaspar se sentiron especialmente orgullosos, ao comprobar como os membros desta asociación conseguiron, un ano máis, converter a véspera de reis nunha noite moi especial para grandes e pequenos.

Por último, tamén nos informou que chegaron cansos a Laxeiras, despois de percorrer unha longa travesía, pero que a organización tiña todo perfectamente preparado e xa os esperaban con tres fantásticas carrozas, para que as súas maxestades e o resto do séquito puideran trasladarse, confortablemente, ate as inmediacións do Portal Vivente, situado no Curro da Praza, diante da Casa do Concello, onde unha vez prostrados, ante o Neno Xesús, lle fixeron entrega de ouro, incenso e mirra. Deseguido, como de costume, e a pesar das enormes colas, quixeron falar un pouquiño cos auténticos protagonistas da noite, aseguráronlle aos que se portaron ben durante o ano, que recibirían todos os agasallos que lles pediron.

En Cee

Os Reis das Pedras Miúdas de Lires Os Reis das Pedras Miúdas

As súas maxestades os Reis de Magos de Oriente chegaron á parroquia de Lires para repartir alegría da man da Asociación Pedras Miúdas. Os membros da Asociación traballaron arreo para que a mañá do día 6 toda a veciñanza desta parroquia puidese gozar dunha xornada na que as súas maxestades estiveron acompañadas polos membros da banda de música de Pedras Miúdas. Todos xuntos percorreron as aldeas, rematando con unha sesión de fotos e música na praza de Lires.

Visita dos Reis a Lires Visita dos Reis a Lires A Patrulla Canina e os Minios cos Reis por Cee-Foto-Rafa Quintáns A Patrulla Canina e os Minios cos Reis por Cee-Foto-Rafa Quintáns

Na capital municipal, os Minions e a Patrulla Canina quitaron bastante protagonismo ás súas maxestades.

Visita dos Reis a Cee-Foto-Rafa Quintáns Visita dos Reis a Cee-Foto-Rafa Quintáns

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Reportaxe muradán de Domingo Guerra para Quepasanacosta.
  • Comentarios