Martes. 07.05.2024
El tiempo

O BNG de Cee critica o derroche do concello na Cabalgata de Reis

O BNG de Cee critica o derroche do concello na Cabalgata de Reis
O grupo municipal do BNG de Cee vén de emitir unha valoración sobre a política de gasto social do executivo da vila da Xunqueira. Os nacionalistas lémbranlle ao equipo de goberno, composto por independentes e socialistas, que “o concello non é unha excepción dentro da lacra do paro”. Para elo fanse eco da tarefa de asociacións como Cáritas, á que “acuden centos de veciños ao ano procurando axuda cando os recursos se esgotan e non hai máis posibilidades”, nas súas verbas. O BNG de Cee desaproba a “falla de medidas para combater as necesidades sociais”. Ademáis, nese senso critican duramente unha das accións que desenvolveu o alcalde, Ramón Vigo, durante o nadal, xa que segundo os nacionalistas, “é escandaloso que o alcalde reparta calendarios autopropagandísticos que tiveron un custo de 6.000 euros e foron feitos por unha empresa allea a Cee”. De “escandaloso” califican os nacionalistas da vila da Xunqueira que na cabalgata de Reis deste ano houbera tres carrozas, cando en anos pasados sempre había unha. O BNG ceense considera que “coas eleccións municipais á vista, o goberno derrochador de Cee gasta innecesariamente os cartos”. Rematan dende o BNG ceense afirmando que “estamos diante do goberno municipal de Cee máis derrochador de toda a historia, aínda nos tempos de crise que vivimos, con ducias de familias no concello que non chegan a fin de mes”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios