O BNG de Cee pide que se abra ao público o castelo de Ameixenda
08:28 20/04/17
O castelo do Príncipe está situado na Ameixenda (Cee)
O BNG de Cee pide, unha vez máis, que se cumpla a lei do Patrimonio Histórico-Artístico na que se establece o réxime de protección e de acceso aos bens de interese cultural entre os calse estaría o castelo do Príncipe, situado na localidade ceense da Ameixenda.
O artigo 48 da lei especifica que os propietarios permitirán a súa visita pública un número mínimo de catro días ao mes durante, alomenos, catro horas diarias, sendo estes definidos previamente. Quedan excluídos os espazos adicado a domicilio particular, sendo competencia da consellería competente en materia de patrimonio cultural a de obrigar aos propietarios a que cumplan con obriga de acceso que, de non facelo, podería ter sancións de 300 a 6000€.
Para o BNG, "o non cumprimento da lei supón a perda dun atractivo turístico importantísimo" ademais de supoñer tamén a perda dunha fonte de ingresos nos locais de hostalaría, restauración e ocio da vila.
Esta petición súmase á campaña de firmas a traves da rede posta en marcha fai uns meses e na que asinaron case 500 persoas.
Artigos de Víctor Castiñeira sobre o Castelo do Príncipe
- Castelo do Príncipe (IV): A lexislación
- Castelo do Príncipe (I): A defensa marítima.
- Castelo do Príncipe (II): O contexto da construción do Castelo e das outras fortalezas defensivas das nosas costas.
- Castelo do Príncipe (III): O castelo na actualidade.
Novas relacionadas
- Marzo 2017: Víctor Castiñeira debullou a historia do Castelo do Príncipe.
- 2016: Unha viaxe histórica pola época medieval con Víctor Castiñeira.
- 2016: A loita polo Castelo do Príncipe continúa na rede
- Abren unha campaña de firmas para pedir que o castelo da Ameixenda sexa público.
- 2013: Esixen, unha vez máis, a apertura conforme á lei do Castelo de Ameixenda
- 2009: Denuncia pola apertura do Castelo do Príncipe.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)